Menú

Blog.

Categorías

O arte de estirar o diñeiro; todos levamos un financieiro dentro.

 

 

“Non é o que ti tes, senón como usas o que tes o que marca a diferenza”( Zig Ziglar).

Zig Ziglar é considerado un dos máis grandes autores de libros motivacionais, orador e vendedor de Estados Unidos. Empezar este artigo con esta frase súa pode parecer arriscado pola miña banda pois adéntrome no terreo da polémica que poida suscitar, porque… Seica o que temos non marca unha diferenza fundamental?

Pero toda polémica obriga a analizar, a matizar, a sacar conclusións e ese é o meu obxectivo.

Nacemos nun momento da historia e nunha contorna determinada, cunhas cualidades e habilidades concretas. Isto veunos dado, non podemos facer nada para cambialo e sen dúbida condicionará a nosa vida. Con todo, o como o utilicemos, sí depende de nós e é aí onde podemos marcar a diferenza. Estamos a falar da actitude de cada individuo ante situacións similares.

Este pensamento trasladado ás finanzas condiconará como xestionemos os nosos ingresos, os nosos gastos e os nosos aforros, por pequenos que sexan estes.

Queiramos ou non todos somos pequenos financeiros que tarde ou cedo teremos que tomar decisións sobre o noso diñeiro. A xestión familiar implica unha constante toma de decisións neste sentido; as nosas nais, os nosos pais son e foron auténticos xestores, todos teremos que selo.

O “Crowdfactoring” non deixa de ser unha ferramenta máis ao dispor de pequenas empresas e aforradores. En Inversa gústanos pensar que axudamos a “estirar o diñeiro dos nosos clientes” dun modo controlado e non especulativo, tensando a corda o xusto e dun modo xusto para todas as partes.

Cun único obxectivo:

Que as empresas e os investidores vexan crecer o seu diñeiro tomando as súas propias decisións.

E como todo enténdese mellor cun exemplo imos tomar dous casos reais de dúas persoas que reciben uns ingresos imprevistos:

Persoa 1: Recibe 3.500€ pola venda dos eucaliptos dun monte dada a crecente demanda de madeira para fabricar máscaras e batas sanitarias.

Persoa 2: Ingrésanlle en conta 3.000€ pola devolución de Facenda.

Podería suceder que algunha delas tivese que utilizalo, pero neste caso partimos dun contexto no que en principio non teñen necesidade de gastalo. É aquí onde a actitude e as decisións de cada un á hora de xestionar ese aforro marcarán a diferenza.

Imos simular algunhas decisións posibles para comparar os resultados de cada unha.

A persoa 1 ( P1) decide deixalos nunha conta corrente que non lle xera rendementos.

A persoa 2 ( P2) decide investilos. Estuda diferentes opcións e finalmente elixe Inversa.

A través do simulador de investimento da nosa páxina web podemos visualizar os rendementos obtidos con distintas variables; importe, prazo e rendibilidade.Teremos:

Importe= 3.000€

Prazo: Escolleremos o máximo posible, 180 días.

Rendibilidade: Pode oscilar entre un 4% e un 8% segundo sexamos máis ou menos conservadores. Neste suposto utilizaremos a media actual que se achega ao 7%.

O resultado sería o seguinte:

[[IMAXE_3]]

Os seis primeiros meses gañamos 107€. É dicir xa temos as 3000 iniciais máis os 107€ ,en total, 3107€.

Transcorrido este tempo temos a opción de retirar o diñeiro ou investir noutra factura.

Se reinvestimos esa cantidade outros seis meses sáenos unha ganancia de 111€, maior que a primeira vez debido a que estamos a reinvestir os intereses.

O resultado ao cabo dun ano será 3.218€ de aforro total.

Así sucesivamente, sempre coa opción de retirar o diñeiro no corto plazo, ao vencemento e cobranza das facturas ou pagarés.

Pero no caso de poder mantela no tempo:

En cinco anos o noso diñeiro chegaría xa aos 4000€; en dez duplicariamos o noso diñeiro.

A P1 ingresou 3.500€ e segue tendo 3.500€

A P2 ingresou algo menos, 3.000€, pero ten 6.000€.

A isto é ao que en Inversa chamamos “estirar o diñeiro”.

 

 

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.

Llámame ahora

Llámame mas tarde

Deja un mensaje

Te llamamos de forma totalmente gratuita.

Te llamamos cuando mejor te venga de forma totalmente gratuita.

Deja tu mensaje y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Chámenme agora

Chámenme despois

Deixar mensaxe

Chamámosche de forma totalmente gratuíta.

Chamámosche cando mellor che veña de forma totalmente gratuíta.

Deixa a túa mensaxe e poñerémonos en contacto contigo canto antes.

Colabora con el blog de Inversa
Hazte socio del conocimiento.