Menú

Blog.

Categorías

Inversa presenta en Galicia Avanza a súa plataforma de investimento ético

A FinTech presenta a súa marketplace de facturas en Galicia Avanza, un evento que reúne aos proxectos innovadores galegos para compartir experiencias e facer networking

Inversa Invoice Market deu a coñecer a súa plataforma de crowdfactoring nun evento organizado por Galicia Avanza este mércores 15 de febreiro en Ourense. Galicia Avanza é un programa posto en marcha pola Xunta de Galicia e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) para impulsar a internacionalización e as exportacións das empresas innovadoras galegas.

Neste evento participaron un centenar de startups e institucións públicas, vinculadas a diversores sectores. Desde a educación, ata a biotecnoloxía, pasando pola automoción, a industria agroalimentaria ou, por suposto, as FinTech como Inversa.

Ao longo desta xornada, Ana Mª Olmos, CEO de Inversa, e Atilano Martínez, CCO da compañía, presentaron as claves dunha plataforma de investimento ético que conecta a pemes e persoas.

Un marketplace que conta cunha comunidade conformada por máis de 1.300 empresas e investidores, tanto en España como en varios países europeos. Un proxecto innovador que implementou no noso país unha modalidade de financiamento alternativo de enorme éxito no norte de Europa: o crowdfactoring.

A través da plataforma de Inversa, as empresas poden obter liquidez no curto prazo, e os pequenos investidores lograr unha rendibilidade polos seus aforros, á vez que apoian a negocios da economía real.

Inversa, 15 millóns de euros financiados e 2.500 facturas xestionadas

En apenas tres anos de vida, Inversa superou a barreira dos quince millóns de euros financiados, a través da xestión de 2.500 facturas. O que dá boa mostra do seu nivel de penetración no mercado e o seu potencial para contribuír a que empresas de múltiples sectores diversifiquen as súas vías de financiamento: administracións públicas, conserveiras, farmacéuticas, téxtiles, compañías de packaging…

Iso débese, en gran medida, a que a operativa do marketplace é extraordinariamente sinxela e á súa áxil resposta, que permite ás compañías obter liquidez en cuestión de días. E aos investidores xestionar todos os aspectos relacionados cos seus investimentos.

Neste sentido, Inversa realizou grandes esforzos para democratizar o acceso ao investimento ético, permitindo que os pequenos aforradores poidan investir a partir de 20 euros. Os investidores acolleron de maneira extraordinaria este proxecto, ata o punto de que o investimento medio por cada persoa ascende a 4.000 euros.

O mesmo podemos sinalar sobre as pemes e empresas medianas. De tal forma que o importe medio das facturas que financian en Inversa rolda os 6.000 euros.

Así mesmo, Inversa converteuse nunha inestimable aliada á hora de incentivar as exportacións das empresas nacionais. Debido a que na plataforma deuse cabida a facturas doutros países. Desde os veciños Portugal e Francia ata China.

Galicia Avanza, un programa para internacionalizar os proxectos innovadores

Precisamente, impulsar as exportacións das empresas innovadoras galegas é un dos obxectivos centrais de Galicia Avanza. Para iso, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) uniron forzas e puxeron en marcha este programa de acción.

Galicia Avanza está centrado en axudar ás empresas galegas a consolidar a súa presenza en mercados exteriores. E persegue posibilitar que os proxectos de vangarda nacidos en Galicia, como Inversa Invoice Market, poidan exportar as súas innovacións máis aló das nosas fronteiras.

O evento, que tivo lugar este 15 de febreiro, serviu para afianzar o tecido de startups e empresas tecnolóxicas, compartir experiencias e coñecementos entre compañías de diversos sectores económicos e produtivos. Así como incentivar o networking, a posta en marcha de acordos de colaboración e facilitar o acceso a axudas para a internacionalización.

A participación nesta xornada forma parte da estratexia de expansión internacional de Inversa, a súa aposta pola mellora continua e o compromiso coas empresas da economía real e os investidores.

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.

Llámame ahora

Llámame mas tarde

Deja un mensaje

Te llamamos de forma totalmente gratuita.

Te llamamos cuando mejor te venga de forma totalmente gratuita.

Deja tu mensaje y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Chámenme agora

Chámenme despois

Deixar mensaxe

Chamámosche de forma totalmente gratuíta.

Chamámosche cando mellor che veña de forma totalmente gratuíta.

Deixa a túa mensaxe e poñerémonos en contacto contigo canto antes.

Colabora con el blog de Inversa
Hazte socio del conocimiento.