Menú

Blog.

Categorías

Índice de resiliencia de INFORMA, maior seguridade para os análisis financieiros.

 

 

Un dos aspectos máis importantes en Inversa son as análises finanancieros que realizamos á hora de publicar unha factura. Analizamos sobre todo á empresa pagadora (librado) e, para iso, baseámonos en datos externos de INFORMA, de onde extraemos datos de solvencia, nivel de endebedamento, scorings ( rating, scoring liquidez…). A partir de agora poderemos consultar tamén o “Índice de Resiliencia” de cada entidade.

Que é o ” Índice de Resiliencia”, segundo INFORMA?

“É a capacidade que ten a entidade analizada para facer fronte a unha situación excepcional e non prevista, con impacto significativo no proceso produtivo e/ou capacidade da entidade”.

“Trátase dunha Clasificación que se actualiza diariamente e que se circunscribe ao momento da avaliación”.

O índice vai nunha escala de 1 a 100 e a escala divídese en cinco valores:

  • Risco elevado
  • Risco medio-alto
  • Risco medio
  • Risco reducido
  • Risco mínimo

“Este índice achega información moi útil en por si para medir o impacto do Covid, pero cruzándoo con outras variables como “o impacto sectorial” é posible potenciar aínda máis dita medición”.

Trátase por tanto dunha ferramenta máis de análise, supletoria ás xa existentes, que nos permite adaptarnos ás circunstancias actuais.

Algúns dos factores que poden influír neste índice son:

A Flexibilidade: Unha estrutura moi grande e ríxida supón un custo difícil de manter nun contexto de crise.

A Capacidade de adaptación: produtiva, loxística, tecnolóxica, do propio equipo,…

O Músculo financeiro da entidade.

O Nivel de consolidación do negocio.

O investimento en I+D.

E no caso de empresas estranxeiras pode influír tamén a política lexislativa do país ou o nivel de seguridade.

Todos son aspectos que van máis aló dunha análise de contas e que para os que traballamos en finanzas supón un valor engadido que trasladamos aos nosos investidores ao ofrecerlles maior seguridade.

En Inversa xa estamos a utilizar o índice de resiliencia xunto con outras variables, por exemplo o sector de actividade para medir o Impacto do Covid-19. Así o sector primario de alimentación, o sanitario ou o de servizos online, por poñer uns poucos exemplos, non só non se viron afectados, senón que saíron reforzados en moitos casos.

Non cabe dúbida de que novos tempos requiren novas medidas e o “Índice de resiliencia” é unha delas.

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.

Llámame ahora

Llámame mas tarde

Deja un mensaje

Te llamamos de forma totalmente gratuita.

Te llamamos cuando mejor te venga de forma totalmente gratuita.

Deja tu mensaje y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Chámenme agora

Chámenme despois

Deixar mensaxe

Chamámosche de forma totalmente gratuíta.

Chamámosche cando mellor che veña de forma totalmente gratuíta.

Deixa a túa mensaxe e poñerémonos en contacto contigo canto antes.

Colabora con el blog de Inversa
Hazte socio del conocimiento.