Inversa academia.

CÓMO SACARLLE RENTABILIDADE A TÚA RENTABILIDADE

15 April 2019
CÓMO SACARLLE RENTABILIDADE A TÚA RENTABILIDADE

Á hora de xestionar os nosos aforros non só temos que expornos como obter unha boa rendibilidade ou o que é o mesmo,un bo interese en termos porcentuais, senón que debemos tamén decidir que facer con ese beneficio obtido.

Temos varias opcións:

1º)

Unha delas é gastalo ou aforralo nunha conta de tal modo que cobraremos sempre sobre o capital inicial; todos os períodos do investimento cobraremos o mesmo.Exemplo:

 

Se investimos 10000 a tres anos e a un interese anual do 8% .

Cobraremos:

O primer ano 10000*0.08=800

O segundo ano 10000*0.08=800

O tercer ano 10000*0.08=800

Gañariamos un total de 2400 euros(800+800+800)

2º)

Pero existe outra posibilidade coa que gañar máis diñeiro se decidimos reinvestir as ganancias sumándollas aos 10000 inicialmente investidos . Exemplo:

O 1º ano o mesmo, 10000*0.08=800

E 2º ano sería sobre o capital inicial máis os rendementos obtidos (10000+800)=10800

10800 0.08=864

O 3º ano o capital máis intereses acumulados será (10000+800+864)=11664

11664* 0,08=933,12

A ganancia total sería maior,(800+864+933,12) 2597,12 euros .

Como podemos observar coa primeira opción gañamos 2400 euros e coa segunda 2597,12; en tres anos gañaríamos case 200 euros máis co interese composto.

Cantos máis anos dure o investimento ou máis grande sexa a contía maior será a diferenza, estamos ante un crecemento exponencial do beneficio.

Para facilitar os cálculos utilizamos as seguintes fórmulas:

Datos exemplo

Chamaremos Ci=Capital inicial investido(10000)

Cf=Capital final

i= Taxa de interese anual(8%)

n=Período de tempo do investimento (3)

1º)Interese simple

Cf= Ci(1+ n i), Cf=10000 1,24=12400

Beneficio ou Ganancia total=Cf- Ci=12400-10000=2400

2º)Interese composto

Cf= Ci(1 + i) ^ n, Cf=10000 1,259712=12597,12

Beneficio ou Ganancia total=Cf- Ci=12597,12-10000=2597,12

A diferenza entre o capital final obtido respecto ao capital inicial investido dános os intereses que gañamos, é dicir, o beneficio conseguido.

Se o período de capitalización fose :

semestral ( k=2), cuadrimestral( k=3), trimestral( k=4), mensual( k=12) substituiriamos a n por n/ k.

Por último comentar que existe a posibilidade de cobrar os intereses de forma anticipada, co cal case no mesmo momento de realizar a inversión recibimos a ganancia correspondente podendo reinvestila xa desde ese momento e empezar xa a obter máis beneficio.

INVERSA paga aos seus investidores os intereses de forma anticipada.

 

AFORROS RENTABILIDADE
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.