Inversa academia.

Crowdfunding, Crowdlending e Crowdfactoring. En que consiste cada un, como diferencialos

7 Setembro 2018
Crowdfunding, crowdlending y crowdfactoring. En qué consiste cada uno, cómo diferenciarlos

ara entender mellor estes termos imos empezar a definir o CROWDFUNDING, unión de dous termos en inglés, CROWD(multitude) e FUNDING(financiamento), que non é outra cousa que “Unha forma de financiamento masivo de proxectos de distinta índole”.

Existen varios tipos de crowdfunding :

De participación en negocio recibindo un número de accións a cambio.
De recompensa, podendo ser esta moi variada pero nunca monetaria
Doazóns, sen esperar nada a cambio máis que a propia satisfacción de axudar
De préstamo, diñeiro que hai que devolver con intereses. Este último é o que coñecemos como crowdlending.
Podemos definir por tanto o CROWDLENDING, unión de CROWD (multitude) e LENDING (préstamo) como “Unha modalidade do crowfunding onde multitude de investidores prestan directamente a particulares e empresas a cambio dunha rendibilidade”. Convértese nunha forma alternativa de financiamento e de investimento.

Pero tamén existen distintos tipos de crowdlending atendendo sobre todo a se financia o curto, medio ou longo prazo. Así xorde o CROWDFACTORING como “Unha modalidade do crowdlenting que financia facturas de autónomos e empresas no curto prazo achegando liquidez para o día a día”.

Temos por tanto tres actores comúns en todos os casos: Quen necesita recursos, Quen ten eses recursos, Quen os une (plataforma). A plataforma achega a súa tecnoloxía, saber facer e experiencia actuando de intermediario .

CROWDFACTORING Crowdfunding Crowdlending Economía Colaborativa Financiamento Alternativo
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.