O mércores pasado Atilano Martínez, CEO de Inversa, impartiu unha charla formativa no IES Mugardos, dentro do programa “Semana das profesións: conversacións sobre o futuro”.
Durante esta semana, acudiron expertos de diferentes sectores e profesións para explicar aos alumnos as funcións do seu traballo diario. Nunha etapa vital na que case ninguén adoita ter claro a que se quere dedicar, descoñécense moitas profesións, e a cabeza non para de dar voltas, cremos que cada unha dos faladoiros achegou o seu granito de area para aclarar as ideas aos profesionais do futuro.
Atilano explicou aos alumnos de 1º de bacharelato as reviravoltas do emprendemento e da creación dunha start-up contando co exemplo de Inversa. Así, os alumnos entenderon que empresas como Amazon ou Facebook, ao principio tamén eran pequeniñas e tiveron que loitar por conseguir financiamento como o resto, e tamén tiveron o seu proceso de crecemento. Tamén comprenderon a importancia de observar as posibles oportunidades de negocio, observando as necesidades do mercado para así poder encaixar unha idea e transformala nunha start-up.
Como sabedes, estamos comprometidos co labor de difusión económica e financeira en calquera formato. Encántanos dar a coñecer o noso traballo, xa que é un sector que aínda non é moi coñecido, sobre todo o tema do crowdfactoring. Pero, especialmente, gustaríanos que a sociedade tivese unha mellor cultura financeira. Por iso actualizamos frecuentemente o blogue con artigos formativos, lanzamos o proxecto do podcast, así como aceptaremos encantados as invitacións a este tipo de eventos. O noso obxectivo é achegar as finanzas á xente dun modo sinxelo e ameno, de modo que calquera persoa poida seguilos e aprender cousas novas, sen necesidade dunha formación previa.
Se queres contribuír en el blog de Inversa como experto faite socio do coñecemento.