Inversa academia.

Factores que explican a rendibilidade case nula actual dos depósitos bancarios

7 September 2018
Factores que explican la rentabilidad casi nula actual de los depósitos bancarios

O fin dun depósito é captar o aforro dos investidores co fin de financiar investimentos ou para conceder financiamento a outras persoas ou empresas (créditos, hipotecas, préstamos etc).

Será a diferenza entre os xuros que os bancos cobran polos préstamos que conceden e os xuros que teñen que pagar dos depósitos que captan o que determine o beneficio destes.

Pero Que factores determinan o xuro que as entidades deciden pagar por eses depósitos?

Podemos apuntar como un á lei da oferta e a demanda; é sinxelo, se os cidadáns aforran moito haberá moito diñeiro dispoñible por tanto ofrecerannos un menor xuro, todo o contrario pasará se non se aforra, os bancos terán que pelexar por ese diñeiro e para conseguir atraernos ofreceranos un maior xuro.

Con todo é outro factor o que está a afectar máis á baixada de tipos e á nula rendibilidade deste produto. A política do Banco Central europeo de redución de tipos que chegaron a ser negativos foi determinante porque isto é o que lle custarán os préstamos aos bancos, é dicir, nada. Por que van pagar por obter diñeiro dos cidadáns se o poden conseguir sen custo por esta vía? Por iso canto máis baixos sexan os tipos de interese dos bancos centrais menos rendibilidade ofrecerán os depósitos.

Aforro Finanzas Rendibilidade
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.