Inversa academia.

Finnovista : Radar Fintech 2019

Actualidade
29 November 2019
Finnovista :  Radar Fintech 2019

 

 

Finaliza o ano e toca facer balance. En Finnovista, organización que potencia os ecosistemas Fintech e Insurtech en América Latina e España a través dunha plataforma colaborativa, fixeron os deberes e acaban de publicar o Radar Fintech 2019 .

Neste ano INVERSA empezou a súa andaina e con moita ilusión, traballo e autoexigencia conseguimos formar parte dese Radar Fintech español dentro do Corporate Lending. Isto só é o principio pero supón ter un lugar desde o que crecer e mellorar día a día. E queremos facelo con ambición, solidez e realismo.

Entre os datos achegados neste estudo destaca o crecemento do número de startups Fintech en España chegando ás 392, o que supón un 16% máis.

En palabras de Finnovista:

" O ecosistema Fintech en España continúa o seu avance impulsado polo empuxe do neobanking, xestión de patrimonios e Insurtech. Destaca a internacionalización das startups e que só un 19% das startups enquisadas contaba cunha muller entre os seus socios"

En INVERSA podemos dicir con orgullo que formamos parte dese 19% de empresas onde parte dos socios son mulleres.

Como en todo balance aparecen aspectos positivos a manter ou mellorar e retos que hai que conseguir.

As nosas perspectivas persoais están a cumprirse e xa estamos a marcar novos retos para o 2020.

Moitas grazas a todos os que habeis contribuído a que hoxe teñamos o noso lugar dentro do Radar Fintech 2019.

https://www.finnovista.com/el-numero-de-startups-fintech-crece-un-16-en-espana-en-un-ano-hasta-las-392/

CROWDFACTORING Crowdlending FinTech
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.