Chegou a primavera e case non nos demos conta....
En Inversa empezamos a semana con dous propósitos:
1º. Que a primavera chegue a todas as casas .
2º. Achegar as finanzas á xente.
Con todo o termo co que queremos empezar non é meramente financeiro, pódese aplicar a todos os ámbitos da vida,...., tamén ás finanzas :
A Resiliencia. Definida segundo a RAE como: " Capacidade de adaptación dun ser vivo fronte a un axente perturbador ou un estado ou situación adversos . 2. f. Capacidade dun material , mecanismo ou sistema para recuperar o seu estado inicial cando cesou a perturbación á que estivera sometido ".
Esta capacidade de adaptación cobra protagonismo nestes días e ponnos a proba como individuos e como sociedade. Toca reinventarse, tirar de recursos e habilidades para afrontar a incerteza.
A beleza en todas as súas expresións ; natureza, literatura, cinema, pintura, escultura, música etc está a ser a mellor aliada das nosas emocións. Ten un poder calmante, equilibrador e fortalecedor .
O coñecemento ábrenos novas portas, axúdanos a entender e a atopar solucións. Achéganos novas ferramentas para xestionar diversas situacións, entre elas a adversidade.
Utilizar ese tempo que nunca tiñamos para aprender e para mirar dun modo máis sereno e consciente á beleza que nos rodea é sen dúbida unha actitude resiliente que nos axudará a saír fortalecidos.
En Inversa queremos poñer o noso gran de area falando do que máis sabemos, de finanzas. Explicaremos que é o factoring, unha factura, un pagaré ou termos como endoso, cedente, librado e fiestra de pago; e farémolo enchendo de flores todas as casas porque resistímonos a que o covid-19 nos roube tamén a primaveira.
Cada día levaremos unha flor e un concepto financeiro a través das redes sociais, todos xuntos formarán parte dun novo artigo que resumirá todo o aprendido e encherá o noso blogue de beleza.
Como na foto, no medio da adversidade crecémonos e abrimos novos camiños.
Se queres contribuír en el blog de Inversa como experto faite socio do coñecemento.