Aviso legal

Como prestadores de servizos da sociedade da información, e segundo o establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos “da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico”, facilitámosche como usuario do sitio web www.inversa.es a seguinte información xeral:

¿Quen somos?

Somos Galaicus Fintech, S.L., prestadores de servizos da sociedade da información, que operamos baixo o nome comercial INVERSA (en diante utilizaremos o termo “INVERSA” para referirnos a nós). O noso domicilio social sitúase na rúa Estrella nº4, 15401, Ferrol (A Coruña), España.

INVERSA está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3631, folio 20, inscrición 1ª, na folla C-56394. O noso CIF é o B-70535414.

¿Como podes contactarnos?

Se queres contactarnos, podes facelo dirixíndoche por escrito ao noso domicilio, ou ben por teléfono ou por mail a:

Mail: hola@inversa.es

Teléfono: 881 931 465

No caso de que contactes connosco, aceptas que os teus datos persoais sexan tratados por Inversa para poder resolver as túas dúbidas ou consultas. Unha vez resolvamos a túa consulta, borraremos os teus datos, salvo que esteamos lexitimados para conservalos para outra finalidade, por exemplo, que sexas usuario da nosa plataforma e contratases connosco. Por favor, revisa a nosa Política de Protección de Datos.

Por favor, revisa tamén as nosas Condicións xerais de uso da web para ampliar información sobre a mesma.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.