INFORMACIÓN SOBRE O SEGURO DE CRÉDITO
A existencia dun seguro de crédito que cobre a falta de pagamento da factura por insolvencia non elimina o risco de falta de pagamento nin é garantía do pago da factura, debido ás diversas situacións de falta de pagamento que se poden dar e que son obxecto de avaliación por parte da aseguradora.
Con todo, naquelas facturas «aseguradas», a solvencia do librado é analizada por unha compañía de seguros, sendo a responsable do pago en caso de insolvencia do librado.
Isto permítenos movernos en niveis de risco moi baixos, o que converte a Inversa Invoice Market nun aliado estratéxico á hora de implementar estratexias de investimento.
A isto podemos engadir a facilidade que ofrece a nosa plataforma de diversificar ao permitir ao investidor investir desde cantidades moi pequenas, o cal implica reducir o impacto dunha pequena perda ao verse compensada coas ganancias do resto de facturas.
Inversa (incluíndo os seus empregados, técnicos e colaboradores) ten ademais subscrito un seguro de responsabilidade civil profesional, cunha cobertura por reclamación de danos de 600.000 Euros/ano para facer fronte ante calquera posible reclamación no exercicio da súa actividade.
Dado a existencia dun mercado secundario e que o investimento en facturas supón un retorno do capital a curto prazo, entendemos que o risco de falta de liquidez é moi baixo.
O equipo de Inversa inviste sistematicamente en todas as facturas, compartindo os mesmos intereses e riscos que os seus clientes.