Menú

Qué é Inversa

Inversa é unha plataforma de financiamento alternativo dedicada a reformular a relación entre empresas da economía real e investidores. Como o facemos? a través do financiamento de facturas, que se coñece como factoring. Ese proceso ofrece liquidez inmediata ás empresas, ademais de condicións afastadas das que son moitas veces impostas polos bancos. Para os investidores, a nosa plataforma ofrece taxas de retorno moi atractivas e a certeza de que o seu diñeiro está a apoiar o crecemento da economía real e das familias que a sustentan e impulsan a través de miles e miles de empresas.

Inversa Invoice Market é a expresión dun desexo común dun equipo de profesionais de alto nivel convencido de que hai outra forma de investir. Unha máis sostible, máis aliñada co ben común e coa sociedade, aquela na que os valores e a ética exercen como unha especie de folla de ruta tanto para empresas como para investidores.

Qué é Inversa

Somos un equipo composto por profesionais con ampla experiencia en finanzas, investimento e análise de riscos. Compartimos, ademais, capacidade de traballo e ganas por facer as cousas doutra maneira.

Coa convicción de que se pode ofrecer a mellor experiencia posible de investimento e financiamento aos clientes creando valor a través da economía colaborativa para a sociedade en xeral, nace o proxecto Inversa.

A experiencia unida ás novas tecnoloxías fai posible ofrecer un modelo máis democrático dentro do Crowdfactoring. Unindo as nosas forzas e ilusións decidimos percorrer este apaixonante camiño.

Ana M.ª
Olmos López

Founder&CEO

Atilano
Martínez Rodríguez

Founder&CFO

Berta
Otero Serantes

CMO

Somos un equipo composto por profesionais con ampla experiencia en finanzas, investimento e análise de riscos. Compartimos, ademais, capacidade de traballo e ganas por facer as cousas doutra maneira.

Coa convicción de que se pode ofrecer a mellor experiencia posible de investimento e financiamento aos clientes creando valor a través da economía colaborativa para a sociedade en xeral, nace o proxecto Inversa.

A experiencia unida ás novas tecnoloxías fai posible ofrecer un modelo máis democrático dentro do Crowdfactoring. Unindo as nosas forzas e ilusións decidimos percorrer este apaixonante camiño.

Os nosos
asesores.

Rolando
Martínez Rodríguez

Asesor legal

Leva desenvolvendo a súa actividade como avogado en exercicio desde o ano 1994 no seu propio despacho profesional. Especializado en asesoramento a empresas en dereito mercantil e laboral estivo involucrado ademais nos seus propios proxectos empresariais coa creación de varias empresas ás que ademais de ser socio, asesora.

David
Martínez Rego

Asesor Tecnolóxico

CoFundador de DataSpartan empresa especializada no deseño de algoritmos e sistemas de software a medida. Formou parte de Laboratorios en varias Universidades, incluídas a Universidade da Coruña, a Universidade de Florida e o University College London. Actualmente, ten a súa base en Londres, onde divide o seu tempo facendo investigación, conferencias e consultoría para diferentes industrias e Startups.

Llámame ahora

Llámame mas tarde

Deja un mensaje

Te llamamos de forma totalmente gratuita.

Te llamamos cuando mejor te venga de forma totalmente gratuita.

Deja tu mensaje y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Chámenme agora

Chámenme despois

Deixar mensaxe

Chamámosche de forma totalmente gratuíta.

Chamámosche cando mellor che veña de forma totalmente gratuíta.

Deixa a túa mensaxe e poñerémonos en contacto contigo canto antes.

Call me now

Call me later

Leave a message

We call you completely free of charge.

We call you whenever it suits you best completely free of charge.

Leave your message and we will contact you soon as possible.