Diversificación o cómo diluir el riesgo financiero.

Segundo a Rae diversificar é "converter en múltiple e diverso o que era uniforme e único", pero esta definición ten múltiples lecturas.
Desde un punto de vista económico podemos falar de:
Diversificación de mercados.
Cando unha empresa observa unha gran saturación no seu mercado habitual unha boa estratexia para incrementar as súas vendas pode ser a procura de novos mercados nos que poder vender os seus produtos ou servizos.
Pode darse tamén o caso de todo o contrario, que teña exceso de recursos e atopar novos horizontes onde vender sexa unha magnífica oportunidade de darlles saída.
Colateralmente a estes obxectivos as empresas ademais conseguen diminuír os seus custos de produción.
Diversificación de produtos.
Ofrecer novos produtos é unha forma de sacar maior rendemento a algo sumamente valioso como é a nosa carteira de clientes e tamén pode supoñer ampliala chegando a novos compradores.
Diversificación financeira:
- Como Investidor trátase de diminuír, "diluír" o risco de perda repartindo o investimento entre distintos produtos, entidades, mercados, sectores, prazos de tempo etc. Para entender o concepto faremos un símil imaxinando que o noso risco está concentrado nunha pinga de sabor amargo, pois ben, non será o mesmo diluíla nun ou dous vasos de auga que no equivalente a unha piscina. No primeiro caso o amargor será moi desagradable, no segundo será imperceptible, e disto é do que se trata, que o impacto dunha posible perda sexa imperceptible no conxunto do noso investimento, do noso portofolio financeiro.
Poñeremos un exemplo:
Supoñamos que temos 10.000 € aforrados e decido investilos nun só produto A con a esperanza de obter unha rendibilidade. Pero resulta que ao final non só non saquei beneficio senón que o meu investimento perdeu valor nun 2% e agora só podería obter 9800 € por ela. Teremos que asumir unha perda de 200€.
Agora supoñamos que repartimos o investimento entre varias opcións: 3000€ no produto A, 3000€ no B, 4000€ no C. O primeiro, o A, xa vimos que nos dió unha perda dun 2% pero os outros dous déronnos unha ganancia dun 4% e un 5% respectivamente. O resultado total de todo o noso investimento será o seguinte.
A: perda 2% de 3000€= -60€
B: ganancia 4% de 3000€=120€
C: ganancia 5% de 4000€= 200€
O resultado total de toda a miña carteira de investimento será unha ganancia de 200+120-60=260€
A perda de 60€ diluíuse no total e no canto dunha perda de 200€ como no primeiro suposto obtiven unha ganancia de 260€. Isto é o resultado de diversificar.
Pero puntualicemos e profundizemos algo máis sobre como diversificar, porque dependerá de varios factores; o primeiro e máis importante, o risco que esteamos dispostos a asumir; é obvio que canto máis risco asumimos máis recomendable será a diversificación e pola contra se falamos de produtos de moi baixo risco non será tan necesario, pero mesmo poida que esteamos dispostos a asumir diferentes graos de risco e entón a cuestión será onde investir máis. Aquí entran en xogo outros factores como o perfil máis ou menos conservador de cada persoa, o nivel de rendibilidade que queiramos obter ou o prazo de retorno que busquemos para o noso diñeiro.
Actualmente están a xurdir novas opcións de investimento como as plataformas de crowdfactoring nas que o feito de diversificar é inherente ao seu propio funcionamento. Plataformas como INVERSA ofrecen un marketplace moi variado podendo elixir entre facturas e pagarés de diferentes empresas, con distinta rendibilidade , distinto risco e prazos de retorno variados, sempre dentro do C/ P(ata un máximo de 180 días).
- Como Empresa, é importante diversificar o noso pull financeiro para garantir que sempre imos ter os recursos suficientes para afrontar os diferentes gastos e investimentos. Se continuamos co símil da auga neste caso trátase de ter máis dunha billa dispoñible para non quedarnos "secos", é dicir, sen os recursos necesarios.
Neste caso trátase de "diluír" o risco de insolvencia.
Por iso cantas máis opcións de financiamento existan no mercado máis beneficiado sairá o tecido empresarial e por tanto a economía en xeral. A irrupción das plataformas de crowdlending ou crowdfactoring supoñen unha fonte alternativa, outra "billa" de financiamento complementario aos xa existentes que permite mellorar e diversificar o pull da empresa e en moitos casos aliviar situacións de exclusión financeira.
É importante á hora de afrontar un negocio ter elaborada unha boa previsión de gastos e investimentos e as distintas fontes de financiamento necesarias tanto a curto, medio e longo prazo, así como a nosa capacidade de endebedamento bancario ,a política de pago de cotas de intereses e impostos e un bo plan de amortización de inmobilizado.
Un dos erros máis comúns é preocuparse só de crecer sen prever se imos ter os recursos necesarios para afrontar o que ese crecemento vai supoñer.
Ao final cada individuo ou cada empresa debe tomar as súas propias decisións pero é incuestionable que diversificar achega tranquilidade financeira.
Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.