O arte de estirar o diñeiro; todos levamos un financieiro dentro.

21/05/2020
O arte de estirar o diñeiro; todos levamos un financieiro dentro.

    "Non é o que ti tes, senón como usas o que tes o que marca a diferenza"( Zig Ziglar). Zig Ziglar é considerado un dos máis grandes autores de libros motivacionais, orador e vendedor de Estados Unidos. Empezar este artigo con esta frase súa pode parecer arriscado pola miña banda pois adéntrome no terreo da polémica que poida suscitar, porque... Seica o que temos non marca unha diferenza fundamental? Pero toda polémica obriga a analizar, a matizar, a sacar conclusións e ese é o meu obxectivo. Nacemos nun momento da historia e nunha contorna determinada, cunhas cualidades e habilidades concretas. Isto veunos dado, non podemos facer nada para cambialo e sen dúbida condicionará a nosa vida. Con todo, o como o utilicemos, sí depende de nós e é aí onde podemos marcar a diferenza. Estamos a falar da actitude de cada individuo ante situacións similares. Este pensamento trasladado ás finanzas condiconará como xestionemos os nosos ingresos, os nosos gastos e os nosos aforros, por pequenos que sexan estes. Queiramos ou non todos somos pequenos financeiros que tarde ou cedo teremos que tomar decisións sobre o noso diñeiro. A xestión familiar implica unha constante toma de decisións neste sentido; as nosas nais, os nosos pais son e foron auténticos xestores, todos teremos que selo. O "Crowdfactoring" non deixa de ser unha ferramenta máis ao dispor de pequenas empresas e aforradores. En Inversa gústanos pensar que axudamos a "estirar o diñeiro dos nosos clientes" dun modo controlado e non especulativo, tensando a corda o xusto e dun modo xusto para todas as partes. Cun único obxectivo: Que as empresas e os investidores vexan crecer o seu diñeiro tomando as súas propias decisións. E como todo enténdese mellor cun exemplo imos tomar dous casos reais de dúas persoas que reciben uns ingresos imprevistos: Persoa 1: Recibe 3.500€ pola venda dos eucaliptos dun monte dada a crecente demanda de madeira para fabricar máscaras e batas sanitarias. Persoa 2: Ingrésanlle en conta 3.000€ pola devolución de Facenda. Podería suceder que algunha delas tivese que utilizalo, pero neste caso partimos dun contexto no que en principio non teñen necesidade de gastalo. É aquí onde a actitude e as decisións de cada un á hora de xestionar ese aforro marcarán a diferenza. Imos simular algunhas decisións posibles para comparar os resultados de cada unha. A persoa 1 ( P1) decide deixalos nunha conta corrente que non lle xera rendementos. A persoa 2 ( P2) decide investilos. Estuda diferentes opcións e finalmente elixe Inversa. A través do simulador de investimento da nosa páxina web podemos visualizar os rendementos obtidos con distintas variables; importe, prazo e rendibilidade.Teremos: Importe= 3.000€ Prazo: Escolleremos o máximo posible, 180 días. Rendibilidade: Pode oscilar entre un 4% e un 8% segundo sexamos máis ou menos conservadores. Neste suposto utilizaremos a media actual que se achega ao 7%. O resultado sería o seguinte: [[IMAXE_3]] Os seis primeiros meses gañamos 107€. É dicir xa temos as 3000 iniciais máis os 107€ ,en total, 3107€. Transcorrido este tempo temos a opción de retirar o diñeiro ou investir noutra factura. Se reinvestimos esa cantidade outros seis meses sáenos unha ganancia de 111€, maior que a primeira vez debido a que estamos a reinvestir os intereses. O resultado ao cabo dun ano será 3.218€ de aforro total. Así sucesivamente, sempre coa opción de retirar o diñeiro no corto plazo, ao vencemento e cobranza das facturas ou pagarés. Pero no caso de poder mantela no tempo: En cinco anos o noso diñeiro chegaría xa aos 4000€; en dez duplicariamos o noso diñeiro. A P1 ingresou 3.500€ e segue tendo 3.500€ A P2 ingresou algo menos, 3.000€, pero ten 6.000€. A isto é ao que en Inversa chamamos "estirar o diñeiro".    

Rolando Martínez Rodríguez
Asesor legal en Inversa Invoice Market

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.