O mapa das nove empresas fintech galegas.

Esta semana queremos facernos eco dun artigo publicado en Economía Digital Galicia onde se nos nomea como unha das nove fintech galegas. Todas de algún xeito compartimos a ilusión de ser pioneiras en ofrecer novos servizos tecnolóxicos froito das revolucións que estamos a vivir, especialmente a financeira e a tecnolóxica. Subirse a este tren é fundamental para o desenvolvemento económico e social e estamos a demostrar que hoxe en día non é necesario estar en grandes cidades para poder facer grandes cousas. Máis que nunca, o futuro é presente e é fundamental adaptarse aos novos tempos.
O noso agradecemento a Economía Digital e a Pablo Durán, Luis Ignacio Rodríguez e en especial a Luis A. Otero pola súa publicación no anuario do Foro Económico de Galicia.
(Artigo publicado en A Coruña o 1 de agosto de 2019)
"Galicia xa é a quinta comunidade con máis empresas que ofrecen servizos tecnolóxicos que van desde o crowdfunding á inversión en bolsa.
Galicia é tradicionalmente unha comunidade de aforradores. É a autonomía onde máis diferenza existe entre os millóns de euros que os fogares destinan a depósitos bancarios e os que reciben de préstamos. Quizais por iso Galicia sexa tamén unha das comunidades onde con máis forza irrumpen as fintech.
Estas empresas tecnolóxicas que ofrecen servizos tecnolóxicos multiplícanse na comunidade galega, onde xa elevan a nove o seu número total. Esta cifra converte a Galicia na quinta autonomía con máis presenza de fintech, tan só superada pola Comunidade de Madrid (159), Cataluña (75), Comunidade Valenciana (28) e Andalucía (17), segundo se constata no artigo O sector fintech: presenza en España e Galicia, elaborado por Luis A. Otero, Pablo Durán e Luis Ignacio Rodríguez para o último anuario do Foro Económico de Galicia.
A FIGURA DO ‘CROWDFUNDING’
A presenza das fintech en Galicia céntrase sobre dúas provincias, A Coruña e Pontevedra, aínda que si varían no tipo de servizos que ofrecen. A grandes rasgos divídense entre aquelas ferramentas que permiten espremer os aforros de particulares e os que habilitan novos mecanismos para recorrer a préstamos.
Entre estes últimos destacan Inversa (de Ferrol) e Trocobuy (de A Coruña). Ambas empresas dedícanse ao crowdfunding e ao crowdlending. A primeira permite que particulares se convertan en minibancos e contribúan a financiar facturas e pagarés de empresas. Inversa elabora un perfil de risco e asigna o seu particular rating a estas débedas, que serve como referencia para aqueles usuarios que decidan prestar parte dos seus aforros a cambio de obter unha xugosa rentabilidade.
Trocobuy, pola súa banda, recorre a un vello coñecido na economía: o trueque. Os usuarios que se rexistran obteñen un préstamo a cambio de ofrecer os seus produtos e servizos ante unha rede que configuran 4.000 empresas, coas cales vendas se acaba devolvendo a débeda contraída inicialmente.
UNHA PITADA AO AFORRO
As fintech irrumpen no panorama financeiro non só con novas ferramentas similares aos préstamos, senón tamén con outras formas de canalizar os aforros. É o caso de OpSeeker, con sede en Ames, que lanzou a súa propia app gratuíta que ofrece coaching práctico para aqueles que queren introducirse no mundo da inversión.
Tamen actuando sobre como sacar unha pitada extra aos aforros está a pontevedresa Coinscrap co seu peculiar sistema. A compañía conta cunha ferramenta que absorbe os cambios que se quedan tras o pagamento dunha determinada compra e os destina de forma automática a produtos de aforro que se axusten ao perfil de risco do cliente.
Esta opción de piloto automático tamén está dispoñible en Livetopic. A firma pontevedresa ofrece un cuestionario aos seus clientes sobre a súa capacidade económica, o seu perfil de risco e a súa predisposición ao aforro para posteriormente recomendarlle que produto financeiro encaixa mellor co seu perfil.
O BITCOIN E O TRADING
As fintech galegas tamén abren paso no mundo do trading. Senseitrade, que recentemente conseguiu o respaldo de Abanca, extrae tendencias no mercado bursátil a partir de datos extraídos da web e das propias redes sociais e guía aos usuarios sobre cando, como e onde debe investir. A tamén pontevedresa Qbitia, pola súa banda, pon en marcha o chamado trading algorítmico. A través deste sistema consegue automatizar e crear patróns de trading sobre todo tipo de activos que cotizan en bolsa, incluído o bitcoin.
Actuando sobre este último activo que gañou forza nos últimos anos está Coincelt, que facilita un servizo de carteira e transaccións de bitcoin a través de pasarelas de pagamento. E é que este último aspecto, o dos pagamentos, é outra das vertentes sobre as que se están volcando as fintech galegas. A coruñesa Wayapp, especializada en marketing dixital, deseñou un sistema para ofrecer as súas propias tarxetas regalo aos comercios e puxo en marcha os monedeiros electrónicos en eventos como o festival Vigo Sea Fest."
Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.