O Agasallo de Candela. Recuperando valores.

O para unha empresa ter a oportunidade de patrocinar un evento deportivo é unha forma de darse a coñecer pero, sen dúbida, tamén de apoiar e compartir valores.
O mundo do deporte e do emprendemento teñen moito en común, ambos requiren cualidades tales como:
Esfuerzo, Disciplina, Pasión, Ilusión, Superación, Aprendizaxe continua....
Con este espírito acudimos ao " III Torneo de verano do Miño club de golf Ártabro" pondo o noso grao de area co sorteo dun patinete eléctrico.
Sen embargo, tamén é moito o que recibimos e o podemos resumir nunha nena, "Candela", que se converteu na nosa espontánea mestra, exemplo de todos os valores mencionados e moitos máis. Candela representa Futuro, Autenticidade, Sinceridade e Xenerosidade. Candela representa un reto de cambio social e económico ao que debemos camiñar.
E neste cambio as empresas temos un papel importante que cumprir ofrecendo proxectos sostibles, xestión ética, transparencia, compromiso social... e conseguir transmitir unha identidade propia baseada nas persoas. Falamos de "Empresas con Alma", froito da suma de compromisos e principios individuais.
As novas esixencias dun cliente máis concienciado están propiciando a aparición de novos modelos empresariais e un cambio de actuación nos xa existentes. Así surxen exemplos en Galicia como "O Pazo de Villane" ou "As galletas Mariñeiras" que comparten un enfoque de desenvolvemento local e economía social ou escoitamos noticias como que "Vegalsa-Eroski" aposta polos provedores de proximidade, incorporando o concepto de "responsabilidade" ao mundo empresarial. Incluso asistimos a iniciativas de xigantes tecnolóxicos como "Amazon" que acaba de anunciar un novo programa que permite doar os produtos que non venda en lugar de destruilos e tiralos ao lixo. Estes son só algúns exemplos dos moitos que poderíamos mencionar.
Inversa nace cun equipo que comparte ademais de experiencia e profesionalidade un conxunto de valores e compromisos tanto internos como externos. O noso código ético aparece resumido na nosa páxina web:
Desde o principio buscamos un trato xusto de igual a igual entre todas as partes onde funcionamos como un engranaxe onde todos aportan valor nunha mesma dirección. As plataformas de crowdfactoring ofrecen un modelo de investimento non especulativo que permite obter boas rendibilidades fomentando ademais o crecemento da economía real. Falamos de economía colaborativa, onde o investido retorna directamente ao tecido empresarial xerando máis riqueza na comunidade e por tanto novo diñeiro para investir nun movemento circular e ascendente que se coñece como economía circular.
O mundo financeiro sufriu un deterioro de confianza enorme froito de malas prácticas e de modelos equivocados. Os novos modelos fintech, as plataformas crowd etc teñen o reto de transformar as finanzas dotándoas de Alma.
O Sábado 10 de xullo entregamos un agasallo e recibimos outro mellor a cambio, unha pequena pelota de golf dedicada, un agasallo cheo de retos e valores: "O Agasallo de Candela".
Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.