Investimentos seguros: Que tipos existen

30/06/2025
Investimentos seguros: Que tipos existen

Cando nos plantexamos facer crecer o noso capital, son moitos os que pensan que só vale a pena investir en opcións de altas rentabilidades, que deben ser as únicas opcións sobre a mesa. Sen embargo, existen outras formas de facer que o diñeiro traballe para ti sen ter que asumir grandes riscos. Por iso, imos falar das inversións seguras, opcións que priorizan a protección do capital sen renunciar por completo a obter beneficios.


Nesta completa guía imos explorar qué tipos de inversións se consideran seguras, como elixir a que mellor encaixe co teu perfil e como podes empezar a investir de forma máis controlada e consciente.


Que entendemos por inversións seguras?


Unha inversión segura é aquela que minimiza a probabilidade de perda do capital investido. Aínda que todas as inversións conllevan certo nivel de risco, as seguras destacan por ofrecer unha rendibilidade máis predecible e por estar respaldadas por garantías sólidas: desde entidades públicas ata análises financeiras rigurosas.


É importante destacar que o risco cero non existe. Mesmo estas inversións consideradas seguras teñen os seus riscos, aínda que menores. Por exemplo, a inflación pode reducir o poder adquisitivo dos teus aforros, así como as comisións poden provocar que se resinta a rendibilidade, incluso é posible que un país entre en quiebra, deixando de pagar os bonos.


Tendo claro que o risco nunca é cero nas inversións seguras, resulta fundamental que comprendas as características de cada produto no que queiras investir para non verte sorprendido ante un imprevisto.


Por que buscar inversións seguras en 2025?


O contexto económico actual levou a moitos aforradores e investidores a replantexarse as súas estratexias. Inflación persistente, a volatilidade dos mercados así como as subidas de tipos de interese por parte dos bancos centrais fixeron que protexer o capital gañase peso fronte a asumir riscos na procura de rentabilidades elevadas.


Neste escenario, os produtos financeiros conservadores gañan protagonismo, moito máis para os perfís que priorizan a estabilidade fronte á rendibilidade. Quen son estes perfís?


  • Persoas próximas á xubilación
  • Aforradores prudentes
  • Pequenos investidores que queren diversificar o seu portafolio de inversións sen exponerse demasiado

Por suposto, a estes perfís hai que lembrarlles que, unha vez se inviste, o risco nunca é cero. Unha vez investes, asumes algún tipo de risco, aínda que menor.


Tipos de inversións seguras dispoñibles no mercado


Tras contar as características deste tipo de inversión, chega o momento de profundar un pouco máis nos tipos. A continuación, analizamos algunhas das inversións que mellor equilibran seguridade e rendibilidade en 2025.


Letras do Tesouro


Trátase de instrumentos de débeda pública a curto prazo emitidos polo Estado. Teñen vencementos de 3, 6, 9 ou 12 meses e a súa rendibilidade adoita ser modesta pero estable. Ao estar respaldadas polo Estado, considéranse como un dos produtos dispoñibles máis seguros.


Queres coñecer un pouco máis deste tipo de inversión? Recoméndoche ler o noso artigo sobre se é seguro investir en letras do Tesouro e qué riscos existen.


Bonos do Estado e débeda pública


A diferenza das letras, os bonos teñen un horizonte temporal máis longo (de 2 a 30 anos). Son ideais para quen busca unha renda periódica así como unha inversión de baixo risco, aínda que tamén poden verse afectados por subidas de tipos ou inflación.


Depósitos bancarios


A pesar da súa escasa rendibilidade na actualidade, os depósitos seguen sendo unha opción válida no caso de que o teu obxectivo sexa preservar o capital con garantía. En España, o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) protege ata 100.000 euros por titular e entidade bancaria.


Fondos de inversión conservadores


Fondos de renda fixa ou mixtos que invisten en activos de baixo risco como bonos gobernamentais ou corporativos. Son unha opción interesante se buscas diversificación automática, aínda que hai que ler con atención a política de investimento e os gastos asociados.



Crowdlending con análise de risco


O crowdlending xurdiu como unha opción sólida para quen queren obter unha rendibilidade superior á dos produtos bancarios sen entrar no terreo especulativo. En plataformas como Inversa, os investidores participan no financiamento de empresas con pagarés e outros activos financeiros, sempre cun análise previo do risco, procesos transparentes e máxima trazabilidade.


Se queres saber un pouco máis sobre esta opción, recoméndoche ler o noso artigo sobre crowdlending: Qué é, como investir e todo o que tes que saber.


Inversión en ouro ou activos refuxio


O ouro históricamente actuou como refuxio en épocas de crise. Aínda que non xera intereses ou dividendos, protege o valor do capital fronte á inflación. Existen opcións para investir tanto en ouro físico como a través de ETFs ou fondos especializados.


Que factores ter en conta antes de elixir unha inversión segura?


Investir con seguridade non significa facelo a cegas. Antes de tomar calquera decisión, convén ter en conta:


  • Liquidez - ¿Poderás dispoñer do teu diñeiro cando o necesites?
  • Horizonte temporal - Algunhas inversións seguras só resultan interesantes se as podes manter ata o vencemento.
  • Tolerancia ao risco - Mesmo os produtos conservadores teñen certa volatilidade.
  • Fiscalidade - Hai inversións que tributan de forma diferente, e convén ter isto claro dende o principio.

Son as inversións seguras axeitadas para todo tipo de investidores?


Non todos os perfís requiren o mesmo nivel de seguridade. Tal e como definimos ao principio, os perfís de investidores son diferentes así como as súas necesidades. Por iso, atopamos algúns investidores que buscan maior rentabilidade sen centrarse tanto na seguridade que as inversións seguras ofrecen.


Unha boa estratexia pode combinar produtos máis seguros con outros de maior rentabilidade, axustando o risco en función dos teus obxectivos.


Por exemplo, en Inversa ofrecemos unha forma diferente de investir: colaborativa, analítica e sen especulación. A nosa plataforma permite aos investidores participar no financiamento de empresas reais a través de pagarés verificados. Cada oportunidade pasa por un rigoroso análise do risco, ofrecendo transparencia e trazabilidade en todo momento.


Ademais, podes investir dende cantidades accesibles e diversificar o teu portafolio sen necesidade de grandes coñecementos financeiros. Invitámosche a coñecer como funcionan as nosas comunidades Inversa, unha ferramenta clave para diversificar a túa inversión de forma eficiente.


Te interesa empezar a investir con seguridade?


Tanto se estás dando os teus primeiros pasos como se xa tes experiencia, investir con sentido común e un bo respaldo é clave. En Inversa axudámosche a tomar decisións baseadas en datos, con acceso a oportunidades reais, trazables e sen letra pequena.


Se queres saber máis, contáctanos ou rexístrate para empezar a explorar opcións de investimento adaptadas a ti. Comeza hoxe con Inversa e descobre novas formas de investir e sacar rendibilidade.

Ana María Belén Olmos López
Promotora, Socia Fundadora & CEO de Inversa Invoice Market

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.