A Democratización das Finanzas.

21/03/2019
A Democratización das Finanzas.

Se lle pedimos a un neno que escriba tres ou catro desexos, probablemente algún fale dun mundo en paz, sen inxustizas, sen pobreza, en definitiva, dun mundo mellor.


Pero estas palabras para un adulto soan a utopía, a soños imposibles. O noso discurso normalmente toma tintes máis derrotistas; a vida e a experiencia ensinounos o difícil que é cambiar algunhas cousas. Este pensamento constrúe barreiras mentais que nos volven conformistas e nos levan ao: “Non se pode facer nada”.


Ata que todo salta polos ares.


É entón cando o valioso instinto de supervivencia esperta e nos obriga a reinventarnos.


Comezamos a falar de comunidade, de cooperación e de sumar para ser máis fortes.


A tecnoloxía xurde como a principal ferramenta para conseguir esta conexión, ofrecendo un efecto multiplicador de transformación. O cliente gaña peso e poder de elección e decisión. De algún modo este empoderamento abarca todas as áreas e disciplinas empresariais.


Estamos a asistir a unha revolución froito de outra, a tecnolóxica, que está a cambiar os modelos de negocio en case todos os sectores e por suposto o financeiro non é unha excepción.


As finanzas están a sufrir un cambio profundo. A dixitalización e a aparición de plataformas online ofrecen rapidez, transparencia e relacións de igual a igual ou o que é o mesmo, relacións máis democráticas.


O cliente cada vez está máis informado e é máis esixente, o cal debe ser tomado polas empresas como aldemango positivo que nos motive e nos contaxie esa esixencia á hora de ofrecer o noso produto ou servizo.


Estamos ante un reto esperanzador que ao final nos beneficia a todos e pode facer posible cambiar a mensaxe ao:  “Si se pode facer algo”


E estamos a facelo.

Atilano Martínez Rodríguez
Promotor, Socio Fundador e CFO de Inversa Invoice Market

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.