Nai, quen inventou o diñeiro?

Naces e está aí, cres e vas sendo consciente do que podes conseguir con el, deixas de ser un neno e descobres que non é tan fácil consegui-lo. Un día paras a pensar cómo sería un mundo sen el, descobres que houbo outras épocas da historia nas que non existía e pregúntaste por que, cando e quen inventou o diñeiro.
Por que?
Nas economías máis primitivas, os individuos eran autosuficientes, é dicir, non interactuaban economicamente con outros. Á medida que as sociedades agrupáronse en grupos máis grandes volvéronse máis complexas e as persoas necesitaban dos demais para satisfacer as súas necesidades, o que levou á división do traballo e o consecuente intercambio entre os suxeitos. Este intercambio non monetario coñécese como trueque.
A través do trueque calquera persoa podía cambiar un determinado ben por outro de valor similar. Este sistema require atopar alguén que desexe o que un ten en excedente e que a cambio ese alguén poida ofrecer xustamente o que ese un quere, é dicir, é necesario que exista unha dobre coincidencia de desexos.
Como esa coincidencia non sempre era posible comezaron a utilizarse moitos tipos de bens cun valor estable como medios xerais de pago. Así usouse o cacao, o grano, o millo ou a sal (de aí a palabra salario) como medio de pagamento , co tempo buscaríase algo máis resistente e duradeiro como o ouro e a prata.
Cando e Quen?
A utilización de metais preciosos como diñeiro ten a súa orixe en Mesopotamia(2500 a.C). Utilizábanse os lingotes de prata por peso xunto co grano como base dunha economía de gran escala similar á actual baseada en diñeiro-mercadoría.
Pero este sistema presentaba inconvenientes como o peso ou a pureza das pezas utilizadas. Para solventar estes problemas comezaron as primeiras acuñacións de moedas a través dun selo ou marca que garantía a calidade e peso das pezas. As primeiras acuñacións producíronse ao redor do ano 600 a.C en Lidia (Asia menor), en China e en India.
Os metais dividíronse en pequenas porcións algunhas moi curiosas como as que se usaron en China no ano 1000a.C con forma de pequenas chaves e espadas de bronce, prata e ouro, estas son as moedas máis antigas coñecidas (Moneda_cuchillo).
As primeiras feitas con aleación de ouro e prata apareceron en Lidia (Grecia) no século VIII a.C. Cada cidade tiña a s úa propia moeda pero o rei Filipo de Macedonia unificou toda Grecia e decidiu emitir unha soa moeda mandando acuñar a súa cara nas moedas. O seu fillo, Alejandro Magno impuxo a costume. A partir de alí todos os reis querían ver as súas caras nas moedas. Esta era a maneira que tiñan os romanos de conecerlle a cara ao emperador.
Os europeos foron os primeiros pobos en elaborar moedas metálicas estandarizadas e certificadas, como a dracma grega ou os denarius e aurus romanos.
Co tempo as moedas fabricáronse con metais menos nobres que pesaban menos pero respaldadas por un ben tangible que sostiña a confianza do emisor. Este modelo institucionalizouse no século XIX e é o que se coñece como padrón ouro.
No que respecta á orixe do papel diñeiro hai quen sostén que a súa orixe foi en China no século VII, sendo creación dos mercadores durante a dinastía Tang, entre o 618 dc e o 907 dc. onde os negociantes utilizaban un documento como promesa de reembolso, máis parecido a un pagaré que ao que entendemos como un billete. Por iso outras opinións situan a orixe do papel diñeiro no mesmo lugar pero cara ao século IX d.c. coincidindo co nacemento dos primeiros bancos. O papel diñeiro en Europa emitiuse por primeira vez en Suecia en 1661, funcionando como comprobante dun depósito. O Banco de Estocolmo comezou a entregar billetes a quen gardaban ouro ou outro metal na súa institución. A partir do século XVIII, a emisión de papel diñeiro generalizouse en Europa, sempre respaldado por ouro que posuía o Estado.
O padrón ouro comezou a abandonarse hai case un século surgindo o que se coñece como moeda fiduciaria onde o valor dunha determinada moeda (billete) establécese pola confianza que xera. Así, por exemplo, no caso do euro, o seu valor está respaldado pola autoridade que ten o Banco Central Europeo e no caso do dólar pola Reserva Federal nos Estados Unidos.
A aparición de medios de pagamento electrónicos mediante unha tarxeta ou o móbil están a cambiar o panorama actual e xa se fala de que é probable que o diñeiro físico desapareza como tal.
Fronte ao futuro xurde un novo escenario onde as moedas virtuais baseadas na rede blockchain deixan abertos interrogantes. Estas moedas só existen na web e o seu valor sostiñase en que hai un comprador e un vendedor que a admiten para unha transacción determinada en calquera parte do mundo.
O papel que xoguen na historia está aínda por escribir.
Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.