Atilano Martínez, CEO de INVERSA, entrevistado por Fintech Spain

24/02/2019
Atilano Martínez, CEO de INVERSA, entrevistado por Fintech Spain

A consultora Fintech Spain considera que o invoice market é un dos segmentos dentro do ecosistema fintech que máis se está desenvolvendo a nivel mundial. Ás plataformas que xurdiron hai uns anos, engádense en Fintech Spain que "novas están a sumarse co obxectivo de romper o mercado tradicional ocupado, ata agora, pola banca tradicional cunha proposta de valor centrada no cliente e na tecnoloxía". Ese é o motivo polo que #Fintechers, o blog desta empresa, entrevistou ao noso CEO sobre os "pilares" en que se fundamente o noso modelo de negocio, a nosa "proposta de valor" dentro do mercado da financiación empresarial e como vemos dende INVERSA "algúns dos temas fundamentais do ecosistema" fintech.


 


Reproduzimos íntegramente a conversa entre Pablo Blasco, director de Spain Fintech, e Atilano Martínez:


De onde xurde INVERSA? En que se basea o voso modelo de negocio?


INVERSA xurde como a solución de financiación alternativa (non bancaria) ante a crecente concentración bancaria e a menor capacidade de financiación de PYMES e autónomos. Nacemos para evitar a exclusión financeira das empresas de menor tamaño e por iso estamos orgullosos do impacto positivo da "economía colaborativa" de INVERSA no desenvolvemento socioeconómico, a sostibilidade e o crecemento das ditas PYMES.


O modelo de negocio baséase nunha plataforma online de financiación alternativa que pon en contacto a empresas que necesitan financiación de circulante cunha comunidade de inversores que buscan unha maior rendibilidade para os seus aforros a través do anticipo de facturas e desconto de pagarés.


A tecnoloxía permítenos ofrecer un sistema áxil e transparente. Os profesionais de INVERSA aportamos o noso saber facer e experiencia profesional na análise e selección de facturas, proporcionamos a infraestrutura necesaria para a publicación, venda e xestión de cobro, e facilitamos en todo momento a comunicación entre ambas partes (investidor-empresa). Resulta así un modelo de negocio sostible e xusto no que todas as partes gañan.


Como vedes o voso mercado en España? Hai posibilidades de romper a influencia da banca Tradicional?


As PYMES españolas teñen un problema enorme de liquidez que complica a súa competitividade e crecemento. Cun prazo medio de pago en España de ¡77 días! -segundo a Plataforma Multisectorial contra a Morosidade- estamos na cola de Europa neste sentido. Por iso INVERSA ofrece a estas empresas unha alternativa de financiación complementaria e non excluínte, que foi contratada con éxito en numerosos países do noso entorno como Alemaña, Francia, Suíza e Reino Unido.


A financiación alternativa (todo o que non é bancaria) en España supón xa o 20% do total. Levan vantaxe en Europa (30%) e Estados Unidos (70%). Aínda que temos que pisar un pouco o acelerador para igualarnos con outros países, as nosas previsións para o crowdlending -e por tanto para "romper" a influencia da banca tradicional- son moi positivas. É xa unha alternativa real de financiación para PYMES e autónomos.


Qué obxectivos vos marcastes para 2019?


INVERSA ten uns obxectivos ambiciosos e realistas. Abrimos oficina en Galicia e temos presenza en Madrid e seguiremos expandíndonos por toda España. Esperamos chegar aos 1.000 inversores cun volume de 3 millóns de euros financiados para este ano.


Qué dificultades vos atopastes á hora de lanzar o negocio?


Máis ca cunha dificultade, vimos como algunhas persoas non acababan de crer que se poida lanzar un proxecto Fintech innovador e altamente tecnolóxico como este desde Galicia. Precisamente INVERSA quere destacar o potencial integrador da tecnoloxía para eliminar barreiras e emprender.


Contades con acordos de colaboración?


Contamos co apoio da Escola de Organización Industrial (EOI); do Instituto Galego para a Promoción Económica (IGAPE), que cofinanciou o noso proxecto a través do programa "Galicia Emprende", e da Xunta de Galicia, que nos concedeu unha subvención. Ademais, INVERSA forma parte de BBVA Open Marketplace, unha plataforma internacional que impulsa a innovación e facilita a conexión entre os diferentes axentes do ecosistema Fintech do mundo. Por último, ademais da citada presenza en Madrid a través de FinTech Plaza, temos previsto a nosa integración en ACLE (Asociación de Crowdlending Española).


En qué consiste Inversa Academia?


Inversa Academia forma parte das nosas accións para difundir o mundo Fintech, a economía ética e a tecnoloxía. Neste blog que abrimos na web de INVERSA, incluímos artigos, entrevistas, un foro de debate e, ademais, convidamos a todo aquel que desexe a converterse nun "Socio do Coñecemento", é dicir, en colaborador que escribe sobre o seu ámbito profesional: o mundo Fintech, a empresa, as finanzas...


Considerades factible a colaboración das Fintech coas entidades financeiras tradicionais?


É non só factible, tamén é necesario e fundamental para a modernización e supervivencia da Banca. Fronte á aparente dixitalización que tratan de mostrarnos as entidades financeiras tradicionais, os bancos aínda conviven con estruturas organizativas e sistemas informáticos arcaicos que non poden competir fronte a modelos de negocio "plataforma", como Amazon, Facebook ou Google, que ameazan en irromper no sector bancario. As Fintech, dado o seu pequeno tamaño, son flexibles, innovadoras e poden axudar aos bancos na súa modernización. Neste sentido, en España, Liberbank foi en 2018 o primeiro banco que se aliou cunha plataforma de crowdlending (October) para a financiación de PYMES.


 


¡Grazas #Fintechers de Fintech Spain pola vosa entrevista!


 


https://fintechspain.com/


 


Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.