Axenda fiscal 2021 para autónomos e pemes: datas que debes lembrar

As pemes e autónomos teñen que presentar unha variedade de documentación fiscal ao longo do ano cuns prazos establecidos, e non son poucos. Por iso, en Inversa elaboramos un calendario fiscal con todas as datas que todo autónomo ou peme debería de marcar no calendario. Son parecidas ás de anos anteriores, pero convén telas claras para poder preparar todo con tempo e sen abafos. Como sempre, o gordo está entre abril e xuño, cando se ten que presentar a declaración da renda. Xa tes con que marcar o teu calendario? Imos aló! Aínda que… é moito mais fácil descargalo xa feito, non? Se te subscribes á nosa newsletter recibirálo como agradecemento. Se xa financias as túas facturas en Inversa, revisa o teu correo, porque xa cho mandamos.
Subscríbete á nosa newsletter e recibirás gratis o calendario fiscal de 2021
XANEIRO
As pemes e autónomos deben presentar as retencións e ingresos a conta de rendementos do traballo e actividades económicas do IRPF, ademais de premios, ganancias patrimoniais e imputacións de renda. A data límite é o 20 de xaneiro, igual que o resto dos meses (aínda que se pode facer mensual ou trimestralmente). Estes modelos varían segundo cada caso, pero son os 111, 115, 117, 123, 124, 126, 128, 216 e 230. Ademais, hai que ir preparando a autoliquidación do IVE, que está ao virar a esquina. FEBREIRO O día 1 é o último día para entregar o modelo 303 de autoliquidación do IVE do último trimestre do 2020, pero tamén para os que fagan a liquidación mensual (130 ou 131). Ademais, tamén hai que entregar o resumo anual do IVE co modelo 390. No caso de Renda e Sociedades, hai que presentar o resumo anual de 2020 das retencións e ingresos a conta cos modelos 180, 184, 188, 190, 193, 193- S, 194, 196 ou 270, segundo cada caso. MARZO O día 1 finaliza o prazo para o modelo 347 no que se detallan as operacións con terceiros, e o día 31 para presentar o modelo 720, no que se informa sobre os bens e dereitos no estranxeiro.ABRIL
O día 7 comeza a campaña da declaración da renda e patrimonio do exercicio fiscal 2020, pero hai tempo suficiente para presentala: ata o 30 de xuño, a non ser que se teña que ingresar con domiciliación, que hai que facelo un pelín antes, xa que o límite é o 25. A liquidación do IVE do primeiro trimestre do 2021 (modelo 303) entregarase como límite o 20 de abril, tamén os modelos 130 e 131 para o pago fraccionado do IRPF, segundo sexa estimación directa ou obxectiva, respectivamente e ademais o primeiro pago do fraccionado do Imposto de Sociedades (modelo 202). Ademais, na mesma data límite presentaranse as declaracións trimestrais cos modelos 111, 115, 123. Ademais, tes ata o día 20 para presentar as retencións e ingresos a conta de rendementos do traballo e actividades económicas do IRPF se o fas trimestralmente. MAIO A presentación telefónica da declaración de Renda do 2020 empeza o 6 de maio e termina o 30 de xuño. XUÑO Se queres facer a declaración de Renda 2020 nas oficinas da Axencia Tributaria, só poderás facelo do 2 ao 30 de xuño. Lembra que se o resultado da declaración anual é a ingresar con domiciliación en conta, o prazo termina o 25 de xuño. XULLO Se decidiches pagar a renda de forma fraccionada, terás ata o 20 de xullo para presentar os modelos 130 e 131. A mesma data para as declaracións trimestrais de persoal, alugueiros, rendemento e para presentar o modelo 303 trimestralmente tamén. Respecto ao Imposto sobre Sociedades do exercicio 2020, débese presentar como límite o 26 de xullo se o período impositivo coincide co ano natural. Os modelos varían segundo o caso: 200, 206, 220 ou 221. Lembra que podes presentar ata o día 20 as retencións e ingresos a conta de rendementos do traballo e actividades económicas do IRPF se o fas trimestralmente. AGOSTO Se os contribuíntes teñen unha conta aberta como titulares, teñen ata o día 2 para facilitar o NIF á entidade de crédito co modelo 195. Se se cede o uso de vivendas con fins turísticos, ese mesmo día tamén hai que presentar o modelo 179. OUTUBRO O último día para presentar os pagos fraccionados dos modelos 130 e 131 do terceiro trimestre e o segundo pago fraccionado do Imposto de Sociedades co 202 é o 20 de outubro, ademais da declaración trimestral de retencións e ingresos a conta. Tamén termina o prazo para o modelo 303 de autoliquidación do IVE trimestral, e outras retencións como alugueiros, rendementos de capital mobiliario… Ademais, tes ata o día 20 para presentar as retencións e ingresos a conta de rendementos do traballo e actividades económicas do IRPF se o fas trimestralmente. NOVEMBRO Os que liquiden o IVE trimestralmente teñen de prazo ata o día 30. O día 5 ingrésase o segundo prazo da declaración anual se se realiza de forma fraccionada (modelo 102). O día 30 é o límite para presentar o modelo 232 se se realizou algunha operación nun paraíso fiscal de 2020. DECEMBRO Do 1 ao 20 de decembro págase o terceiro pago fraccionado do Imposto de Sociedades. O día 31, ademais de terminarse o ano natural, tamén chega ao seu fin o ano fiscal, polo que habemos de analizar con antelación se queremos facer algún cambio nos seguintes aspectos:- A renuncia ou revogación estimación directa simplificada e estimación obxectiva para 2022 e sucesivos.
- A renuncia ou revogación de réximes simplificados e agricultura, gandería e pesca para 2022 e sucesivos.
- Opción tributación en destino vendas a distancia a outros países da Unión Europea para 2022 e 2023.
- Opción polo réxime especial do criterio de caixa do IVE para 2022.
- Renuncia ao réxime especial do criterio de caixa para 2022, 2023 e 2024.
Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.