Crowdfunding, Crowdlending e Crowdfactoring. En que consiste cada un, como diferencialos

09/10/2020
Crowdfunding,  Crowdlending e  Crowdfactoring. En que consiste cada un, como diferencialos

  Para entender mellor estes termos imos empezar a definir o CROWDFUNDING, unión de dous termos en inglés, CROWD(multitude) e FUNDING (financiamento), que non é outra cousa que “Unha forma de financiamento colectivo de proxectos de distinta índole". Coñécense tamén como plataformas PFP (plataformas de financiamento colectivo) ou P2P lending (préstamos entre particulares). -Existen tres actores comúns en todos os casos:

  • Quen necesita recursos. Pode ser unha persoa física ou xurídica que busca financiamento.
  • Quen ten eses recursos.
  • Quen os une (plataforma).A plataforma achega a súa tecnoloxía, saber facer e experiencia actuando de intermediario.
-Existen tamén diferenzas que determinan varios tipos de crowdfunding:
  • Doazóns, sen esperar nada a cambio máis que a propia satisfacción de axudar.
  • De recompensa, podendo ser esta moi variada pero nunca monetaria.
  • De participación en negocio recibindo un número de accións a cambio (crowdequity).
  • De préstamo, diñeiro que hai que devolver con intereses. Este último é o que coñecemos como crowdlending.
Podemos definir por tanto o CROWDLENDING, unión de CROWD (multitude) e LENDING (préstamo) como “Unha modalidade do crowfunding onde multitude de investidores prestan directamente a particulares e empresas a cambio dunha rendibilidade”. Convértese nunha forma alternativa de financiamento e de investimento. Pero tamén existen distintos tipos de crowdlending atendendo sobre todo a se financia o curto, medio ou longo prazo. Así xorde o CROWDFACTORING como “Unha modalidade do crowdlending que financia facturas de autónomos e empresas no curto prazo achegando liquidez para o día a día”. As PFP réxense principalmente pola Lei 5/2015, do 27 de abril, de Fomento do Financiamento Empresarial. Os tipos de financiamento participativo que regula esta Lei son unicamente os de Equity e Lending. O Crowdfactoring non require autorización algunha ao non considerarse un préstamo. Entre outras cousas esta lei establece no artigo 81 a diferenza entre investidores acreditados e investidores non acreditados. Por defecto todo investidor que se rexistra nunha plataforma de España é considerado investidor non acreditado, isto significa que: -Ten uns límites de investimento de 3.000 € por proxecto ou 10.000 € anuais no conxunto das plataformas. -Non poden utilizar sistemas de investimento automáticos (deben investir de forma manual). Pola contra, os investidores acreditados non teñen ningún límite de investimento. Para ser considerado investidor acreditado como persoa física, a lei establece que se debe acreditar un destes requisitos: -Ter uns ingresos anuais superiores a 50.000 € -Ter un patrimonio financeiro superior a 100.000 € -Contratar os servizo de asesoramento financeiro por parte dunha empresa de servizos de investimento autorizado. A lei 5/2015 non establece ningún procedemento para converterse en investidor acreditado -só establece os requisitos- polo que cada plataforma aplica o seu propio procedemento de verificación. Investir en Crowdfactoring e por tanto en INVERSA non supón ningún límite para o investidor, ao non estar suxeito á lei 5/2015. Calquera persoa física maior de idade ou xurídica titular dunha conta bancaria en Europa poderá investir en Inversa desde 20€ e sen límite máximo establecido.

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.