"Nacemos como resposta á alta concentración bancaria"

O CEO da INVERSA, Atilano Martínez, fala con FINTECH PLAZA sobre a orixe da plataforma, o noso funcionamento, os nosos públicos... Faino nunha entrevista que publica a web de Fintech Plaza e que reproducimos a continuación:
Inversa financiación alternativa Ética e Colaborativa que conecta empresas e inversores
Charlamos con Inversa. Este membro dixital de Fintech Plaza, ofrece unha mellora notable da experiencia de investimento e financiamento aos clientes, creando valor a través da economía colaborativa para a sociedade en xeral.
Como definiríades Inversa en poucas palabras? Somos unha empresa Fintech, e usamos a tecnoloxía para innovar a través dunha plataforma en liña especializada no anticipo de facturas e desconto de pagarés procedentes de operacións comerciais de PYMES e autónomos españolas. (crowdfactoring ou invoice trading).
Inversa defínese como unha plataforma en liña de financiación alternativa Ética e Colaborativa que conecta empresas que precisan liquidez para financiación de circulante cunha comunidade de inversores que buscan unha maior rendibilidade para os seus aforros.
Estamos comprometidos co desenvolvemento dunha sociedade máis xusta. Queremos desintermediar o sistema financeiro, xa que cremos no poder da comunidade para impactar positivamente no mercado, facéndoo máis transparente, xusto e accesible. Cremos que o inversor ten dereito a coñecer de que maneira se está utilizando o seu diñeiro, que proxectos, ideas ou empresas se están financiando con el. Rechazamos a maximización do beneficio como único obxectivo a alcanzar. Comprometémonos a publicar proxectos de empresas con impacto na economía real e efecto positivo para o seu entorno e a sociedade en xeral.
Como xurde a idea? Que persigue este proxecto? A idea xurdiu como resposta á alta concentración bancaria que se produciu no noso país. O elevado risco que representa tanto para inversores como para Pymes un oligopolio bancario e o perigo de exclusión financeira dunha parte da nosa sociedade.
O Estado xa se viu obrigado a lexislar ante o cobro abusivo de comisións a particulares que no caso de Pymes e autónomos seguen desprotexidos.
Buscamos unha relación máis xusta para ambas partes e entre iguais. Non ten sentido que as PyMEs estean pagando altos tipos de interese mentres que pola contra quen depositan os seus aforros no sistema financeiro non esteán obtendo ningunha rendibilidade por iso.
Quen está detrás do proxecto? Somos unha iniciativa totalmente privada e independente ao non pertencer a ningún grupo bancario ou empresarial e non estar sometidos a políticas comerciais.
O noso equipo está composto por profesionais con ampla experiencia multidisciplinar enfocados única e exclusivamente en prestar o mellor servizo aos nosos clientes.
Na nosa creación contamos co apoio e colaboración do EOI, do IGAPE que cofinanciou o noso proxecto a través do programa Galicia Emprende e da Xunta de Galicia que nos concedeu unha subvención.
Dentro do Mundo Fintech, formamos parte de ACLE (Asociación de Crowdlending Española) e Fintech Plaza
Defendemos a nosa independencia porque pensamos que é o que nos permite traballar da forma correcta polo benestar dos nosos inversores e Pymes. Puxemos no centro aos nosos clientes, non impoñemos produtos nin facemos vendas cruzadas, limítamonos a satisfacer necesidades.
A quen se dirixen os nosos servizos? Coa convicción de que se pode ofrecer unha mellor experiencia de investimento e financiamento aos clientes creando valor a través da economía colaborativa para a sociedade en xeral, nace o proxecto Inversa.
Ás Pymes ofrecemos unha alternativa de financiación complementaria ás existentes actualmente no mercado mediante o anticipo de facturas e desconto de pagarés, porque consideramos que son empresas con grandes necesidades de financiación “desatendidas”.
Á súa vez, aos inversores ofrecémoslles altas rendibilidades sen comisións e cun risco controlado, ao traballar con facturas e pagarés de grandes empresas ou da administración pública, que garanten o pagamento das mesmas.
Como funciona Inversa de maneira práctica? Ponednos un exemplo simple O funcionamento é moi sinxelo: A Pyme envía as facturas que quere financiar a Inversa. Inversa analiza as facturas e as publica na súa plataforma onde a nosa comunidade de inversores, compra parte das facturas ata cubrir a totalidade. Inversa transfire o diñeiro á Pyme e os intereses aos inversores por adiantado. Ao vencemento da factura, o cliente da Pyme realiza o pago a Inversa, e Inversa devolve aos inversores o capital prestado.
Exemplo:
Factura: 10.000 Euros Prazo: 90 días Tipo: 6% anual Empresa cobraría: 9.778 Euros
Inversor: 148 Euros
Inversa: 74 Euros
Qué valores engadidos cremos aportar? Aportamos o noso saber facer e experiencia profesional na análise e selección de facturas, proporcionando toda a infraestrutura necesaria para a publicación, venda e xestión de cobro, así como facilitando en todo momento a comunicación entre ambas partes (inversor-empresa). Num modelo de negocio sostible e xusto no que todas as partes gañan.
Ás Pymes ofrecémoslles unha alternativa de financiación complementaria ás existentes actualmente no mercado sen avais, sen garantías, sen vendas cruzadas e sen computar en CIRBE mellorando a súa estrutura financeira ao facer líquido os seus contas por cobrar a prezos de mercado xustos e competitivos.
Operamos con contas segregadas a través de Paymatico, entidade de pagamento regulada polo Banco de España que se encarga da custodia do diñeiro.
Desafiamonos constantemente para repensar a nosa maneira de enfrontar a Innovación. Nese sentido, somos a primeira plataforma no Mundo que paga aos seus inversores os intereses por adiantado e que ademais de asinar os seus contratos de forma electrónica, os rexistra na Blockchain de Bitcoin, a cal actúa como marca de tempo e notario virtual aumentando a seguridade.
Ademais, democratizamos o investimento, ao permitir que calquera persoa, e a partir de tan só 20 Euros, poida investir dunha forma sinxela e transparente. Todo iso articulado cun novo activo totalmente descorrelacionado da bolsa e do resto de activos tradicionais como os fondos de investimento.
O enlace completo da entrevista, aquí:
Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.