Como xerar ingresos pasivos: Estratexias efectivas para investir mellor

19/12/2024
Como xerar ingresos pasivos: Estratexias efectivas para investir mellor

A acumulación de riqueza é un dos grandes soños, sobre todo tendo en conta que non só está relacionada co diñeiro ou coa cantidade de propiedades, senón coa liberdade financeira. E aínda que hai obstáculos como as crenzas limitantes que impiden a moitos investidores alcanzar isto, sempre hai pequenas axudas que serven para controlar os imprevistos, como son os ingresos pasivos.

Os ingresos pasivos son unha das formas máis efectivas para poder acadar esta independencia con importantes diferenzas respecto aos ingresos activos. Cal é a principal característica dos ingresos pasivos? Que xeran rendementos sen requirir un esforzo constante para aproveitalos.

Coa intención de amosarche o seu gran potencial, preparamos este artigo. Nel non só profundamos en aspectos como que son os ingresos pasivos, senón tamén nas súas vantaxes, diferenzas respecto aos ingresos activos e estratexias para poder conseguilos.

Que son os ingresos pasivos?

Os ingresos pasivos son aqueles que se xeran de xeito constante sen necesidade de que o investidor estea traballando de maneira continua no seu mantemento. Isto marca unha importante diferenza respecto aos ingresos activos, como pode ser un salario, os cales si requiren dun investimento directo de tempo e esforzo para poder xenerarse.

O importante dos ingresos pasivos é que permiten gañar cartos de forma automática ou cun mínimo esforzo por parte do investidor despois de realizar o investimento inicial de tempo, diñeiro ou recursos. Por iso, é unha proposta interesante para quen busca a liberdade financeira sen deixar de lado outros aspectos do seu día a día.

Porén, non se debe pensar que os ingresos pasivos caen do ceo. Obtelos require esforzo, talento, planificación e incluso audacia. É moi importante que aqueles investidores que queiran acadar a liberdade financeira deseñen unha estratexia proactiva para obter ingresos pasivos a longo prazo.

Principais diferenzas entre ingresos activos e pasivos

  • Ingresos activos - Estes dependen directamente do traballo. Se non traballas, non gañas cartos. Un exemplo deste tipo de ingreso pode ser un emprego a tempo completo.
  • Ingresos pasivos - Os ingresos pasivos seguen fluíndo aínda que o investidor non estea atento. Destacan por incluír investimentos que, tan pronto como se realizan, seguen xerando beneficios ao longo do tempo.

Calas son as vantaxes de xerar ingresos pasivos?

  • Liberdade financeira - A medida que as túas fontes de ingresos pasivos aumentan, reduces a túa dependencia dun salario mensual.
  • Diversificación - Os ingresos pasivos convidan a diversificar as fontes de ingresos. Ao non depender dunha única fonte, como un traballo, redúcese o risco financeiro. Neste caso destacan puntos como que, se unha fonte de ingresos falla, outras poden seguir xerando beneficios.

Estratexia efectivas para xerar ingresos pasivos

Existen diversas formas de xerar ingresos pasivos, aínda que algunhas son máis accesibles e efectivas que outras. Aquí reside a importancia dunha boa planificación así como avaliar a túa situación, tanto financeira como persoal. A continuación, facemos un repaso de algunhas estratexias clave.

Investir en bens inmobles

Algún día pensaches en comezar a investir en propiedades para alugar? Esta é unha das formas máis comúns para comezar a xerar ingresos pasivos. Adquirir un inmoble e alugar permite obter rendas mensuais, aínda que é importante avaliar a túa situación e saber, por exemplo, cantos pisos necesitarás para alcanzar a liberdade financeira.

Aínda que este tipo de investimento pode requirir un investimento inicial significativo, o retorno a longo prazo é unha das súas principais vantaxes. Ademais, débese ter en conta que o valor dos inmobles tende a apreciarse co paso do tempo. Por iso, pode ser un dos investimentos que máis requiran a nosa atención.

Dividendos de accións

Investir en accións que pagan dividendos é outra excelente estratexia para xerar ingresos pasivos. As empresas que xeran beneficios adoitan distribuír parte destes entre os seus accionistas. Polo tanto, investir en accións deste tipo permitirache recibir ingresos periódicos sen necesidade de vender os activos.

Fondos de investimento

Cos fondos de investimento, os investidores poden poñer o seu diñeiro nas mans de xestores profesionais que buscan, ante todo, maximizar o retorno. Ao investir neste tipo de fondos, o investidor pode beneficiarse do rendemento do mercado sen ter que xestionar activamente a súa carteira.

É, ademais, unha opción ideal para quen desexa obter ingresos pasivos cunha xestión mínima. Ademais, dentro desta opción existen propostas como os fondos de investimento éticos e responsables, que teñen un impacto positivo así como unha boa rendibilidade.

Crowdlending

Que é o crowdlending? Trátase dunha modalidade de investimento colectivo onde os investidores financian préstamos a particulares ou empresas, obtendo como beneficio o pago de xuros.

A través de plataformas especializadas como Inversa, podes diversificar o teu investimento en préstamos de baixo risco, xerando un fluxo constante de ingresos pasivos.

Se optas por xerar os teus ingresos pasivos en Inversa, como investidor terás que seleccionar os proxectos que desexas financiar. A partir dese momento, recibirás retornos periódicos en forma de xuros sobre os préstamos outorgados. Un modelo que permite xerar ingresos sen necesidade dun gran capital inicial, así como retornos máis previsibles que noutros tipos de investimentos.

O mellor? A personalización. Pódese investir dende pequenas cantidades, o que fai desta opción unha das máis accesibles para un maior número de persoas.

Como elixir a mellor estratexia para xerar ingresos pasivos?

Á hora de elixir unha estratexia adecuada para xerar ingresos pasivos, é importante avaliar o risco así como o retorno esperado. Realizar investimentos, por exemplo, no sector inmobiliario adoita ser de baixo risco, aínda que requiren un investimento inicial considerable.

Por outra parte, optar por opcións como o crowdlending ofrece unha gran flexibilidade así como diversificación. Deste xeito, axuda a mitigar o risco sen comprometer o retorno do investimento.

Para minimizar os riscos, recoméndase diversificar a túa carteira de investimentos. Non invistas todo o teu capital nunha única fonte de ingresos. Mestura diferentes estratexias, como bens inmobles, dividendos e, por exemplo, o crowdlending. Deste xeito atoparás un equilibrio entre a rendibilidade e os riscos asociados.

O poder dos ingresos pasivos a longo prazo

Xerar ingresos pasivos non só é unha garantía de aumentar a túa seguridade financeira, senón que tamén permite ter máis control sobre o teu tempo. Aínda que construír múltiples fontes de ingresos pasivos require planificación e tempo, o esforzo inicial vese recompensado cunha maior estabilidade económica a longo prazo.

Explorar estratexias como os bens inmobles, os dividendos e aproveitar ao máximo as plataformas de crowdlending como Inversa abre aos investidores un abano de oportunidades que permite investir mellor así como asegurar o futuro financeiro.

Atilano Martínez Rodríguez
Promotor, Socio Fundador e CFO de Inversa Invoice Market

Si quieres contribuir en el blog de Inversa como experto hazte socio del conocimiento.