Desde a nosa paixón polo mundo FinTech, o 27 de Setembro de 2017, facíase realidade e tomaba corpo un proxecto persoal xestado a lume lento co convencemento de que as cousas se podían facer mellor.
Apostamos por un proceso de recuperación de valores na economía a través dun uso consciente do diñeiro que repercuta directamente na economía real.
Grazas á tecnoloxía as regras podían cambiar. O Crowdfunding, Crowdlending e Crowdfactoring permitían unha conexión fácil, directa e de equilibrio entre empresas e investidores. Inversa toma forma como plataforma de anticipo de facturas e desconto de pagarés co obxecto de unir aforro con necesidade de liquidez a cambio dun interese xusto para todos.
Perseguiamos un mundo mellor e atopamos un modo de facelo.
Por iso ante a oferta de participar o día 2 de Decembro de 2017 nunha das Clases Maxistrais da Escola de finanzas EF School de Oleiros non o dubidamos.
Cando se cre en algo con total convicción poder contalo e explicalo sempre produce unha gran satisfacción e así foi nesta ocasión; unha experiencia moi positiva .
Se queres contribuír en el blog de Inversa como experto faite socio do coñecemento.