Inversa academia.

A Universidade ponse ao día

7 September 2018
La Universidad se pone al día

Para Inversa foi un orgullo poñer o noso gran de area.

Vivimos momentos de cambio, a tecnoloxía entrou nas nosas vidas para quedar. O mundo nunca se moveu tan rápido e isto exponnos importantes retos que afrontar como sociedade. Posiblemente un dos máis importantes é adaptar o coñecemento a esta nova realidade.

As universidades son alicerces básicos onde temos que traballar. Os cimentos do saber son a base do crecemento dun país.

O catro de Abril deste ano levouse a cabo a primeira XORNADA FINTECH na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, poñendo así a primeira pedra do camiño cara ao futuro, e énchenos de satisfacción poder ser partícipes diso xunto a Seguros Santa Lucía e Abanca. Explicar o mundo Fintech, o Crowdlending e o Crowdfactoring foi o noso labor. A unión das finanzas coa tecnoloxía a través da Economía Colaborativa supón a aparición e desenvolvemento de novas plataformas en liña colaborativas que achegan múltiples vantaxes non só á economía senón tamén á sociedade no seu conxunto; desde esta convicción movémonos e traballamos.

Esta xornada marca o rumbo dun dos principios cos que nace INVERSA ; ser unha fonte non só de beneficio económico senón tamén de beneficio social ; contribuíndo á formación e ao crecemento.

A divulgación convértese así nun dos nosos obxectivos. Grazas a todos os que fixeron posible este primeiro encontro.

Economía Colaborativa FinTech INVERSA Sector financeiro Universidade
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.