Inversa academia.

Qué é un certificado de Conta bancario?

3 March 2020
Certificado Bancario

 

 

 

O certificado de conta bancaria é o que nos acredita, identifica, como titulares da mesma. Trátase dun documento oficial emitido polo teu banco que se poderá obter na propia oficina e cada vez máis vía online. En canto ao custo hai que dicir que co novo escenario de tipos de interese negativos está a empezarse a cobrar por este servizo; en ámbolos casos dependerá da entidade coa que traballemos podendo variar considerablemente as condicións.

É importante recalcar a oficialidade do certificado que ten que cumprir uns estándares e sempre terá que estar asinado e selaxe polo propio banco.

Non serán válidos por tanto:

Un recibo.
Unha factura.
Un Contrato.
Un pantallazo coas nosas posicións.
É un erro moi común pero ningún destes medios están recononidos oficialmente por considerarse facilmente manipulables.

Cando é necesario?

  • Para liquidar o imposto de sucesións será necesario o certificado de saldo medio de contas do último ano e o certificado de saldo de contas a data de falecemento dun familiar.
  • Para Administracións públicas: Subvencións, Bolsas.
  • Domiciliacións para contratar servizos de empresas de enerxía, subministracións.
  • Á hora de solicitar un préstamo bancario.
  • O certificado de titularidade bancaria empeza a ser aínda máis habitual como consecuencia da Lei 10/2010 do 28 de Abril, de Prevención de Branqueo de Capitais e financiamento do Terrorismo. A Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias é o máximo responsable nesta materia no noso país. Os suxeitos obrigados a colaborar coa Comisión son aquelas persoas físicas ou xurídicas que desenvolven actividades mercantís, financeiras ou profesionais, cuxas estruturas ou actividades poden ser utilizadas para branquear capitais, entre os cales atopamos ás entidades de crédito. INVERSA ten contratados os servizos de PAYMÁTICO, entidade rexistrada co número 6861 no rexistro especial de Entidades de pago do Banco de España, o que achega maior seguridade e á vez unha serie de obrigacións como ter que achegar un certificado bancario á hora de abrir unha conta.Tanto as empresas como os investidores estarán obrigados por tanto a demostrar a titularidade de conta como requisito imposto polo Banco de España a Paymático.

Que debe incluír? Determinada información, por exemplo:

  • O nome do banco en cuestión.
  • Data de apertura da conta.
  • O número IBAN.
  • O código de identificación bancaria (BIC).
  • Nome do titular, acompañado do seu respectivo documento de identificación.
  • Firma e selo da entidade.

Non se debe confundir por tanto o Certificado cun simple Xustificante Bancario xa que este último non sempre será válido. Dito doutro xeito, aínda que se poden xustificar mediante documentos ou mediante un extracto bancario case os mesmos datos, será necesaria a firma e selo da entidade para certificar a autenticidade dun modo oficial.

https://clientebancario.bde.es/pcb/es/menu-horizontal/actualidadeducac/blog/Para_que_sirve_426fffd5702eb61.html

certificadocuenta CROWDFACTORING financiacion inversión segura
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.