Inversa academia.

Cómo axudar a Pemes e Autónomos investindo en facturas(crowdfactoring).

Actualidade
27 March 2020
Cómo ayudar a Pymes y Autónomos invirtiendo en facturas(crowdfactoring).

 

 

 

Ante unha crise sanitaria sen precedentes foi necesaria a responsabilidade de todos e fixémolo, quedámonos na casa.

E agora que?

É o momento da solidadirade e a colaboración a todos os niveis, tamén a nivel económico, e podémolo facer dende casa.

Un dos maiores problemas aos que se enfrontan habitualmente as pequenas empresas é á falta de liquidez provocada na maioría dos casos polos prazos de cobranza das súas facturas. Este problema non fixo máis que agravarse debido á falta de ingresos ante o parón obrigado da actividade. As pemes e autónomos atópanse cun problema de liquidez sen precedentes. Anticipar a cobranza das súas facturas e pagarés pendentes é un dos balóns de osíxeno aos que agarrarse nestes momentos.

Grazas á tecnoloxía e a través de plataformas online de economía colaborativa todos temos nas nosas mans unha ferramenta de investimento rendible máis ética que repercute directamente na economía real.

Investindo en facturas e pagarés axudamos ás nosas pemes e autónomos sen renunciar á rendibilidade.

Plataformas como Inversa ofrecen a posibilidade de investir dende cantidades pequenas, buscando un produto accesible para todo o mundo; desde 20€ todos podemos converternos en investidores. É un modelo de financiamento colectivo baseado na comunidade onde a suma de poucos se converte en moito.

Como se inviste nunha factura en Inversa?

Tras rexistrarse na plataforma accédese ao mercado de facturas onde cada usuario pode elixir entre varias opcións, podendo elixir investir nunha ou varias delas.

Poderemos elixir entre facturas de administracións públicas e de empresa privada, moitas delas aseguradas:

 

[[IMAXE_2]]

 

No momento que se cobren ao 100% quedan formalizadas, as empresas reciben o financiamento e os investidores a rendibilidade por adiantado podendo retirala nese momento á súa conta bancaria ou invertilo sacando rendibilidade da súa rendibilidade(interese composto).

O crowdfactoring é ademais un modelo baseado nunha relación xusta entre as partes, sen comisións abusivas; transparente, sen letra pequena, todos os contratos están públicos na páxina web e sempre buscando a máxima seguridade: todas as relacións están reflectidas contractualmente, todas as facturas e pagarés están analizadas, o diñeiro dos clientes está custodiado nunha conta segregada rexistrada no Banco de España; Inversa non pode tocar o diñeiro dos seus clientes nin especular con el.

 

Co fin de axudar a todos os que se achegan ao crowdfactoring por primeira vez elaboramos un artigo no blogue onde explicamos o significado de todos os datos a ter en conta á hora de elixir en que factura/s investir. Poderás acceder a él dende a seguinte ligazón:

 

 

 

https://www.inversa.es/es/noticia/datos-a-tener-en-cuenta-a-la-hora-de-invertir-en-una-factura-o-pagare

CROWDFACTORING Crowdlending Economía Colaborativa inversión ética
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.