Inversa academia.

CONTA SEGREGADA, CUSTODIA DO DIÑEIRO

31 October 2019
CONTA SEGREGADA, CUSTODIA DO DIÑEIRO

En toda plataforma de Crowdlending ou Crowdfactoring, tanto se es investidor coma se es unha empresa, un dos pasos imprescindibles tras rexistrarse, subir a documentación necesaria e asinar os contratos, é transferir fondos dunha conta bancaria á devandita plataforma. Pero Sabes exactamente onde depositas o teu diñeiro e con que garantías? Que uso faise do mesmo?Se é reinvestido e onde?Que pasa co teu diñeiro en caso de insolvencia?

Para resolver estas cuestións e achegar seguridade xorde a Lei 16/2009, do 13 de Novembro de servizos de pago onde se obriga a ter o diñeiro dos clientes en Contas Segregadas.

Vexamos pois que é unha Conta Segregada.

Entenderemos ben o seu significado se nos fixamos en que segregar o o mesmo que separar. Falamos de separar ou segregar contas como medida de seguridade.

A segregación de seguridade naceu en Estados Unidos nos 60 debido a problemas nos mercados de valores. Cando un corredor ou " broker" crebaba non podía devolver os valores aos seus clientes xa que as contas destes e a súa propia non estaban separadas. Co tempo foise estendendo a outras institucións e plataformas financeiras.

Neste sentido unha conta segregada mantén os fondos dos clientes totalmente separadas dos fondos da empresa; o diñeiro non se poderá utilizar para especular, quedará fóra dun hipotético concurso de acredores e estará perfectamente salvagardado en mans dos seus propietarios. Estas contas adoitan estar depositadas en bancos externos de confianza e en última instancia cubertos polo Fondo de Garantía de Depósitos ata un importe de cen mil euros.

Dada a necesidade crecente no mercado deste tipo de contas foron xurdindo distintas entidades que prestan este servizo, en concreto, en INVERSA traballamos con PAYMÁTICO, entidade número 6861 rexistrada no Rexistro Especial de Entidades de Pago do Banco de España con Autorización de Julio de 2013.

Paymático está aloxada á súa vez dentro dun Banco Nacional pero mantendo unha identidade propia que lle permite salvagardar e custodiar os fondos en mans dos lexítimos propietarios e ofrecer un servizo de automatización de procesos de pago como poden ser transferencias, adeudos domiciliados e pagos con tarxetas. Estes últimos realízanse a través da pasarela de pagos segura Redsys utilizada pola maioría dos bancos.

En definitiva, grazas a esta externalización, o diñeiro queda identificado como pertencente a un cliente particular, totalmente independente dos activos da empresa, ofrecendo as máximas garantías de seguridade.

 

 

https://www.paymatico.com

CONTA SEGREGADA CROWDFACTORING Crowdlending
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.