Inversa academia.

CURSO DE TECNOLOXÍAS DIXITAIS EN CIENCIAS SOCIAIS Y XURÍDICAS - USC (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

,
5 November 2019
CURSO DE TECNOLOXÍAS DIXITAIS EN CIENCIAS SOCIAIS Y XURÍDICAS - USC( UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

 

Dende O Xoves 14 de Novembro ata o 16 de Abril de 2020 terá lugar este completo curso avalado polo Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da Universidade de Santiago de Compostela(USC) no que teremos a oportunidade de impartir formación como expertos en Economía Colaborativa: Plataformas de financiamento fintech (crowdfunding , crowdlending, crorwdfactoring, crowdequity e crowdfunding inmobiliario)

O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC, é un centro mixto pertencente a USC e a Xunta de Galicia, que desenvolve labores de investigación, formación e difusión nas materias obxecto das súas liñas de investigación.

Para Inversa a educación financiera é algo primordial e forma parte dos nosos principios. Poderiamos dicir que se converteu nunha debilidade que nos fai gozar cada vez que temos a oportunidade de participar en iniciativas formativas tan positivas como esta. Con esta filosofía e co obxectivo de fomentar a cultura financeira nace A Academia Inversa que pretende ser un lugar de encontro onde compartir coñecemento.

Na nosa plataforma ofrecemos investimentos rendibles en facturas pero hai un investimento que probablemente sexa a máis rendible para unha sociedade, A EDUCACIÓN, na que tamén queremos participar como aposta de crecemento económico e de futuro.

Gustaríame terminar cunhas palabras da propia ONU :

"a educación é un dereito de todas as mulleres e os homes, xa que nos proporciona as capacidades e coñecementos críticos necesarios para converternos en cidadáns empoderados, capaces de adaptarse ao cambio e contribuír á sociedade”.

 

http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/empresaadministracion/cursos_tecnoloxiasdixitais.html

Crowdlending crowfactoring Economía Colaborativa FinTech
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.