Inversa academia.

El sector Fintech: propuesta para desarrollar un hub en Galicia.

Actualidade
17 July 2020
El sector Fintech: propuesta para desarrollar un hub en Galicia.

Esta semana saíu á luz ante os medios de comunicación a proposta do Foro Económico de Galicia para desenvolver un Fintech Hub na comunidade (https://www.elcorreogallego.es/galicia/instan-a-situar-en-la-elite-de-las-finanzas-digitales-a-galicia-AB3939389)

É esta unha proposta que nos fai especial ilusión por moitos motivos, porque somos fintech, porque é necesario e é o momento e porque o noso CEO, Atilano Martínez Rodríguez, tivo a gran oportunidade de colaborar na súa elaboración.

" A dixitalización e a tecnoloxía están a transformar o sistema financeiro tanto no número de operadores como nos modelos de negocio propiciando a aparición das Fintech(finanzas e tecnoloxía)".

Pero, que é un Fintech Hub?

"Un Fintech Hub ou centro fintech é unha localización para o desenvolvemento da actividade fintech. É un ecosistema que abarca infraestrutura, organizacións e persoas dentro do Hub, así como a forma na cal eses elementos están organizados e relaciónanse con outros ( Bret, 2017)".

Neste estudo faise unha análise da situación en España e Galicia:

El sector Fintech: propuesta para desarrollar un hub en Galicia.

 

El sector Fintech: propuesta para desarrollar un hub en Galicia.

Á vez que se avalía a posibilidade de configurar un ecosistema que favoreza o emprendemento fintech en Galicia. Isto implica traballar e cinco alicerces básicos:

  • Demanda
  • Talento
  • Apoio gobernamental
  • Regulación
  • Infraestruturas
  • Financiamento


    El sector Fintech: propuesta para desarrollar un hub en Galicia.

Como ben destacaron na súa presentación os profesores da USC , Luís Otero e Pablo Durán: "Ante o novo panorama empresarial post pandemia, Galicia precisa potenciar o apoio ao emerxente sector Fintech".

Esperamos que esta sexa a primeira pedra que marque o camiño para seguir. Inversa sempre estará disposta a apoiar todas as iniciativas que xurdan neste sentido.

https://api.foroeconomicodegalicia.es/uploads/FEG/originals/8d101f4d-b8e6-4353-b32f-28f437dc1a31.pdf

ecosistemafintech hubfinanciero hubfintech
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.