Inversa academia.

INVERSA NO I FORO TECNOLÓGICO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA .

11 November 2019
FALAMOS SOBRE FINTECH EN EL I FORO TECNOLÓGICO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

 

O pasado 29 de Outubro tivo lugar o Primeiro Foro Tecnolóxico de Galicia na sede do Edificio CEA (Centro de Estudos Avanzados), en Santiago de Compostela, para trasladar a importancia da implantación de tecnoloxías nas empresas e entidades públicas.

No transcurso da xornada puxéronse sobre a mesa os desafíos da revolución tecnolóxica e como debemos afrontalos.

Son moitos os retos que hai por diante:

- Educativo

- Políticas de apoio de I+D+i

- Adaptación das empresas

E en INVERSA temos un propio:

Fomentar e apoiar o desarrolo FINTECH en Galicia.

O CEO de INVERSA, Atilano Martínez Rodríguez, tivo a oportunidade de participar no relatorio da tarde dedicada ao mundo Fintech (empresas tecnolóxicas especializadas en actividades financeiras).

FALAMOS SOBRE FINTECH EN EL I FORO TECNOLÓGICO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.


Analizouse o presente do sector, constatando que Galicia é a quinta rexión por número de Fintech creadas ,un total de 12 empresas de perfís diversos,e discutíronse opcións de futuro como un posible polo fintech co norte de Portugal.

Este relatorio dirixido polo profesor Luís Otero González, de Economía Financeira e Contabilidade da USC é unha clara aposta da Universidade para estar ao día e dar resposta ás necesidades formativas presentes e futuras.

O noso agradecemento a todos os organizadores por contar connosco. Esperamos que esta experiencia sexa a primeira de moitas máis.

https://foroeconomicodegalicia.es/outros-eventos/I-foro-tec.php

CROWDFACTORING Crowdlending FinTech
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.