Anteriormente explicabamos os softwares esenciais para poñerse o día coa transformación dixital. Agora imos profundar neles para analizar o seu potencial e integracións desde o noso punto de vista, xa que Inversa ten moito que achegar. Podes refrescar a memoria co artigo deste link e así non te perderás entre os conceptos e as súas abreviaturas. Tamén atoparás un glosario ao final deste artigo.
Inversa tamén investiu en transformación dixital este último ano: actualizamos o noso provedor de ERP, o investimento en temas informáticos xa é un mundo aparte. Para iso, cambiamos o software por outro que nos ofrece máis funcionalidades que nos facían falta. No noso caso, axúdanos unha chea en contabilidade, facturación e CRM. Segundo as nosas necesidades varíen, así o fará o ERP. Por iso, un ERP é a man dereita de calquera empresa, desde unha peme, start- up, multinacional… O tamaño é indiferente, xa existen solucións adaptadas a cada necesidade que son escalables.
Desde Inversa hai un que nos chama especialmente a atención: un ERP especializado en SRM (Supplier Relationship Management). É dicir, un sistema de planificación de recursos empresariais que inclúa un módulo de xestión das relacións cos provedores. Por que? Ese é o motivo deste artigo.
A xestión das relacións cos provedores (SRM) é unha das múltiples disciplinas da xestión da cadea de subministración (SCM).
Como sabedes, en Inversa financiamos ditas cadeas de subministración. Este termo coñécese como Supply Chain Finance (SCF) e é máis complexo do que pode parecer de primeiras. O financiamento de facturas ou pagarés pode efectuarse de diferentes maneiras: factoring, confirming ou factoring inverso, desconto por pronto pago, forfaiting, liñas de crédito…
O financiamento da cadea de subministración (SCF) recolle o conxunto de solucións financeiras que apoian ás entidades que participan nunha cadea de subministración, desde que se toma a decisión de compra ata que se realiza o pago da factura.
Agora que xa temos claros todos os conceptos técnicos, imos ir máis aló:
Inversa pode integrarse no módulo SRM dun ERP e así optimizar o financiamento da cadea de subministración mediante o método que máis che conveña e de maneira flexible.
Noutras palabras, ademais da plataforma da nosa páxina web que xa coñecedes, tamén ofrecemos solucións a medida mediante, por exemplo, o modelo SaaS (Software as a Service).
Gustaríache saber máis sobre o seu funcionamento e as súas vantaxes? Non te perdas o seguinte artigo!
P.D.: Lembrámosche a importancia do fluxo de caixa como ferramenta de xestión clicando aquí. Axudámosche a optimizalo? Contacta con Inversa, estaremos encantados de asesorarche.
GLOSARIO
Se queres contribuír en el blog de Inversa como experto faite socio do coñecemento.