Inversa academia.

Informe ACLE 2019 : " A Situación do Sector Crowdlending en España"

Actualidade
27 November 2019
Informe ACLE 2019 :

 

ACLE (Asociación de Crowdlending de España) acaba de publicar un informe onde analiza a evolución do sector no noso país. As cifras achegadas marcan unha tendencia crecente, xa que no ano 2018 financiáronse máis de 127 millóns de euros e durante o primeiro semestre de 2019 o volume financiado superou os 70 millóns de euros cun total de 14.700 investidores.

A pesar de que estas cifras son inferiores ás doutros países veciños a constatación deste crecemento fai que podamos mirar ao futuro con optimismo.

Por comunidades autónomas destacan Cataluña, Madrid, Valencia, Galicia e Cantabria. Cun 5,14% Galicia sitúase xa en cuarto lugar o que a posiciona moi favorablemente a nivel nacional.

Segundo o informe a rendibilidade media bruta para o investidor nos últimos anos situouse entre un 6% e un 8% , convertendo ao crowdlending nun produto de investimento moi atractivo.

Tamén demostrou ser unha alternativa de financiamento moi positivo para as empresas potenciando o seu crecemento e competitividade.

INVERSA tivo a oportunidade de colaborar falando de crowdfactoring, a nosa especialidade:

"Punto 4. Operativa do crowdlending con circulante..."

Convidámosvos a ler tanto a entrevista como o informe no seu conxunto a través da ligazón de ACLE. Consideramos que realizaron un traballo minucioso e profesional no que vale a pena afondar.

http://acle.es/crowdlending-financio-mas-70me-primer-semestre-2019/

Crowdlending crowfactoring
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.