A conciencia social ha chegado tamén ás finanzas expondo novos retos á hora de xestionar os aforros dos investidores.
Non hai moitos anos a principal motivación á hora de contratar un servizo financeiro era a Rendibilidade que nos ofrecía.
chegada da crise cambiaron moitas cousas, púxose de manifesto a volatilidade á que estaban suxeitas moitos investimentos e a falta de información que tiñan respecto diso moitos clientes; é entón cando se empeza a ter en conta o factor risco converténdose en información demandada e obrigatoria.
A sensatez e as boas prácticas esixidas marcan unha nova conduta do investidor tradicional e das entidades financeiras baixo o binomio rendibilidade-risco. Este sería o primeiro paso da transformación que se aveciñaba.
Unha nova xeración de aforradores moito máis dixitalizados, informados e concienciados socialmente introducen novas variables á hora de tomar unha decisión, agora falaremos de rendibilidade- risco-sustentabilidade e ética ordenados segundo o peso que ten cada unha.
-O aspecto económico segue sendo prioritario pois é inherente á propia acción de investir pero deixou de ser o único.
Deixando á parte desta análise a un perfil profesional, os motivos que nos levan a buscar unha rendibilidade poden ser moi diferentes e varían segundo a idade e as circunstancias de cada individuo. Así podemos atopar a quen busca manter o valor do seu diñeiro contrarrestando os efectos da inflación, o que busca un beneficio co que poder darse un pequeno capricho ou o que necesita asegurarse un colchón para imprevistos ou para o futuro.
-De igual modo a idade e as circunstancias tanto individuais como da economía en xeral condicionan o nivel de risco que as persoas están dispostas a asumir. Normalmente falamos de tres perfiles diferentes clasificando en base a iso os produtos en risco alto, medio ou baixo. A actual regulación púxose as pilas e hoxe en día é obrigado un test de idoneidade ao cliente á hora de realizar un asesoramento financeiro .
Pero, que é iso das finanzas sustentables, circulares ou éticas.
-A sustentabilidade implica por unha banda una certa retroalimentación do propio sistema económico fuxindo do fluxo lineal habitual do diñeiro que busca o máximo beneficio especulativo cara a un fluxo circular onde o diñeiro volve á economía real fomentando o crecemento da mesma, deste xeito todas as partes saen beneficiadas e conséguese un modelo sustentable onde os retornos monetarios mídense tamén en termos sociais.
-Pero tamén implica un fluxo dos fondos cara a proxectos que fomenten valores éticos e ambientais, contribuíndo ao desenvolvemento dos mesmos, onde as persoas toman conciencia de cal é o destino dos seus fondos.
Neste sentido a Unión Europea ha elaborado un PLAN DE ACCIÓN SOBRE FINANZAS SUSTENTABLES.
En definitiva, non é o sistema financeiro o que cambiou a sociedade senón máis ben todo o contrario, é a sociedade a que transformou o modo de entender as finanzas converténdoas nun factor potencial de cambio moi esperanzador.
http://www.mercadosdemedioambiente.com/actualidad/la-ce-revela-plan-de-accion-sobre-finanzas-so
Se queres contribuír en el blog de Inversa como experto faite socio do coñecemento.