Inversa academia.

Unha plataforma que conecta inversores y empresas

Actualidade
16 July 2019
Una plataforma que conecta inversores y empresas

 

Una plataforma que conecta inversores y empresas

Inversa Invoice Market aposta pola economía colaborativa e ofrece servizos financeiros online.

" Non podemos estar máis contentos, porque acabamos de nacer e xa financiamos máis dun centenar de facturas por un valor que supera o medio millón de euros, apoiando así a creación de emprego e a economía real da nosa comnidad".A frase sae de boca de Atilano Martínez Rodríguez, CEO de Inversa Invoice Market, unha plataforma online de financiamento colectivo de facturas que pon en contacto a investidores con empresas e autónomos que necesitan liquidez.

Nace en Ferrol da man de Atilano Martínez, Berta Otero e Ana María Olmos, esta empresa con sede na rúa Magdalena exerce o " crowdlending", un modelo de anticipo de facturas e pagarés cuxo éxito xa foi contrastado en países da contorna como Reino Unido ou Alemaña.

A plataforma ten un funcionamento sinxelo e transparente: empresas e autónomos que buscan financiamento que, en moitos casos, non atopan nos bancos, envían as súas facturas a Inversa. Os profesionais da firma analizan as facturas e publícanas na plataforma(www.inversa.es). A comunidade de investidores accede ao mercado de facturas e a operación péchase cando se cobren na súa totalidade, nese momento Inversa transfire o diñeiro á empresa e os intereses aos investidores.

Cando a factura vence, o cliente da empreas realiza o pago a Inversa e a plataforma devolve aos investidores o capital prestado. Desta forma, Inversa participa nun sistema de economía colaborativa.

"É un modelo máis ético e sustentable, pois os aforros dos investidores retornan ao tecido empresarial da súa contorna nun movemento circular do diñeiro", explica Berta Otero Serantes, CMO de Inversa. Ademais, segundo engade Ana María Olmos, COO da firma nacida en Ferrol, Inversa incorpora a "última tecnoloxía" para ofrecer o mellor servizo online, sendo pioneiros no uso de " blockchain, un notario virtual que rexistra todos os contratos de forma inmutable no tempo".

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/07/16/plataforma-conecta-inversores-empresas/0003_201907F16C3992.htm

CROWDFACTORING Crowdlending Economía Colaborativa inversion
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.